As cantareiras de Ardebullo
Máis coñecidos como Nucha e Mucha, as cantareiras de Ardebullo, os actores coruñeses Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro levan máis de oito anos traballando xuntos como dúo cómico, baixo o nome de Os Dous de Sempre. Pero non son só artistas, senón tamén emprendedores: ademais do local de espectáculos que rexentan en Carral, a Sala the Star, agora veñen de crear a súa propia produtora audiovisual, AiraPro, coa que prometen lanzar novos artistas.
1. Para cando unha actuación en Corcubión?
» En canto poidamos, e nos chamen, imos por Corcubión. Nunca estivemos por ali.
2. Holaaa Nuha e Mucha!! Son Maika Ferreño de Celas e gustariame saber si tedes pensado facer algun programa especial do Camiño de Santiago, pois encantariame poder colaborar con vos contandovos todo tipo de anedotas recordando O Gran Camiños. Xa me diredes. Un par de bicos moi grandes para "as duas".
» Nos o que é camiñar non, que Mucha ten varices, e cansase. Pero se nos vas levando dun albergue a outro en coche non temos problema ningún de facer ese proxecto tan bonito.
3. Notades que se vos arrimou mais xente agora que tedes exito?
» Nos o ser trece na casa sempre notamos a proximidade da xente. Gustamos moito estar rodeadas da xente que nos quere e se hai "frejoteo" mellor.
4. e certo que a última vez que trouxechedes a Carmucha ó oculista pediulle unha lenta para a cona porque facia trinta anos que non veia un carallo!!
» Certo, certo, pero iso non se pode contar aquí. (Foi na vagina)
5. quen ten máis éxito cos mozos nas verbenas, Mucha ou Nucha?
» Mucha, muchismo máis. Nucha non se come un rosco... (non escribas iso!!)
6. ¿Sólo hacéis vuestro show cómico en Luar de la TVG? ¿Alguna otra cadena o programa dónde podría veros?
» Só en Luar. Tivemos ofertas, pero mellor estár na casa que nas outras cadeas hai xentiña moi rara, mirade para John Cobra e Belen Esteban
7. ¿ anteriormente coñeciadesbos "como prince" como as cantariras de verdillo?¿tibechedes algun problemas con elas?
» Varias demandas xudiciais, denuncias, citación..... Pero levámonos moi ben, con elas. Un saúdo grande para a xente e cantareiras de Berdillo
8. véxovos como uns grandes observadores da realidade galega e plasmádelo moi ben nas vosas aparicións, pero queríamos saber quén vos axuda como guionista ou guionistas.sodes moi bos, interpretades xenial o voso papel e...¿cando vos veremos por Arteixo?, falade con Galloso (o concellal de Meicende), non co outro...a ver si vos trae o auditorio.
» O principio escribíamos nos todo, pero de agora temos unha importante axuda dende o departamento de guión de Luar. Falaremos con Galloso que fale con Gayoso a ver se nos dá permiso
9. ¿De onde ven o voso nome? Nucha e mucha sona mais a trucho e trucha que outra cousa, non creo que o de Mucha sexa polo pintor...
» Somos mais de Tolouse Lautrec, pero os nomes de Mucha e Nucha veñen da nosa nai que no los puxo.
10. os ganais bien la vida con esto? quiero decir, os estáis haciendo ricos?
» http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/graficos/20100311/gortega.html
Polo de agora non aparecemos.
11. cando vos destes conta que o voso era vivir de ´facer o parvo´? sodes moi bos, unha aperta.
» Onte pola tarde. Grazas.
12. Hola, que tal vos levades cos tonechos?
» Levámonos estupendamente, viñeron moitas veces comer á casa. Nucha "é loca" por eles. Mucha non pode ver o grande dos Tonechos
13. Facedes shows no voso local?
» Na Sala The Star, hai espectáculos tódolos sábados. Nos estamos de cando en vez.
14. Cal e o fin da vosa produtora? Traballar para a TVG?
» Airapro é o nome da nosa produtora ( www.airapro.com ) e nace para facer todo tipo de proxectos audiovisuais, teatrais, musicais...
A nós traballar non nos gusta. Somos máis de choiar.
15. Recomiéndanos 3 cómicos que no deberíamos perdernos
» Quico Cadaval, Candido Pazó, Carlos Blanco, Xavier Veiga, Oswaldo, David Amor, Rober Bodegas, Pepo Suevos, David Perdomo, Gary, Isa Risco, Pedro Brandariz. Algún deles podédelos ver no festival Cómicos por Haití este domingo no Pazo da Opera ás 19:00h
P.D.: Ahh!! John Cobra tamén nos gusta e outro rexistro.
16. Canto tempo hai que naceu o dúa humorístico?
» Fai oito anos, non sabíamos o que facíamos!
17. Cando veremos a Nucha e Mucha nunha serie?
» Esperemos que pronto. Ainda non hai data para iso.
18. Poderíades vivir soamente co que gañades na TVG polo show?
» Non, tamen necesitas na vida amor, saude, gintonis...
19. Que champu usas pa ter ese pelaso????? Mucha?
» Con esta pregunta podería facerlle unha gran promoción a calquera casa de champús. Pero non somos nós de facer propaganda... Solo vou decir unha cousa: O día 18 de Marzo na Sala Capitol presentación de Sés, estades convidados.
20. Cal e o futuro das Cantareiras de Ardebullo?
» Ter fillos e xubilarse.
21. cal é o motivo de que a depilación non chegara ata arbedullo?
» Xa hai moitos anos que hai depilación en Ardebullo, nós somos máis de pasar as pernas pola lareira.
22. Porque levas casco na casa?
» Por seguridade. Teño alta velocidade.
23. ¿Gustariavos estar ala por ANTENA 3 ca Martina Klem coma o voso colega David Amor?
» Nós preferimos estar con David Amor, e non fai falla ir a Ant3, xa o vemos no Luar na TVG.
24. Que tal con galloso? É boa persoa ou e tan estirado como parece.
» Gayoso é mellor persoa que boa.
25. Xa lle votastes o ollo a algunha azafata do Luar?? Dinche que son moi simpáticas
» Pero a ti que che parece que somos ludópatas!!
26. Noraboa polo voso traballo. unha pregunta. ¿é máis doado facer humor en galego?
» Moitas grazas. A verdade que si, que é moito máis doado en galego... Porque se tivéramos que facelo en ruso iamos bailar!!!
27. Para cando un cara a cara Tonechos VS Nucha e Mucha. Demostrade que podedes gañarlles por KO
» Para cando queiran eles, que poñan lugar, data e hora...
28. xa levades certo tempo co show do luar na tvg. non vos cansa repetir cada semana as personaxes? acabaredes falando como elas
» Non creo, bueno muller non contes eso, pero como non o vou contar, que non o contes.....
Tamén están Xosé Ramón e Moncho, Toñito e Mohamed...
29. Para cando sacades un disco recopilatorio de jrandes éxitos? T
» Non nos deixa a SGAE. Pero nunca se sabe.
30. Algún recado para Rosa Díez e os seus talibáns?
» Nós estamos orgullosos de ser galeg@s, en tódolos sentidos. E non estamos nos para perder o tempo deixándolle recados á tipa esta.
31. Fai pouco tempo que vos coñezo pero gústame o voso traballo. ¿Quen vos fai os traxes?
» Amancio Ortega, encargámosllos a el, é moi simpático, ten moi bo género, un saudo Amancio.
Bueno Nucha, como se ve que andas o carto.
32. ¿Que ten que facer alguen que deseche traballar na vosa productora AiraPro?? eu estou interesada
» Pois ponte en contacto con nós en www.airapro.com, e alí estaremos encantados de atenderte.
Grazas amig@s!!, foi un pracer chatear con vós. Estamos ainda sen almorzar e imos tomar un cafeiño, porque gústanos erguernos cedo e aproveitar o día. Bicos para tod@s!!!
Mucha e Nucha
X.A. Touriñán e Marcos Pereiro