ENTREVISTA-CHAT     ENTREVISTA-XAT     LIVE-CHAT
  Xil Ríos
Jueves, 20 de mayo de 2010 a las 18:30h.
Dijous, 20 de maig de 2010 a les 18:30h.
Donnerstag, 20. Mai 2010 um 18:30 Uhr

Xil Ríos

Xil Ríos, un dos artistas máis emblemáticos e prolíficos da música galega, vén de publicar o seu 27º disco: "Son da alma", e este verán volverá aos escenarios de toda Galicia despois de máis de seis anos sen actuar en directo.

Xil Ríos

1. Moi boas Don Ríos. Quería preguntarlle por se nunca tivo pensado facer un disco recopilatorio tocando ca Orquestra Sinfónica e con guitarras eléctricas, un pouco máis rock. Unha aperta e a miña admiración ao Tom Jones galego! FDO: Antón Dubra Todó

» Sería unha idea interesante, intentar facer algo cunha gran orquestra. As guitarras eléctricas.. por que non? De feito, cando empecei eu cantaba algún tema dos Creedence, versionado en galego. Non recordo como se chamaba.
Canto a Tom Jones, é verdade que me gustaba moitísimo, un dos meus favoritos, funo ver a Vigo no seu día na sala Nova Olimpia.
Graciñas, saúdos!

2. Boas meu, ¿Existen raices irlandesas nas tuas composicións? Grazas

» Non diría, que eu saiba non.

3. que che gusta mais, a musica ou o futbol.

» As dúas cousas, proque co fútbol empecei e logo continuei coa música.
Do fútbol gardo moi bos recordos, aínda que o deixei novo, con 21 anos facendo unha pretemporada no Gran Peña, filial do Celta.

4. Meu apreciado Xil, coñecido o teu amor pol-la nosa Moaña, e po-la música caribeña que gardas no fondo da alma do tempo vivido en Venezuela, é casi natural a unión que fixeche dos ritmos de ámbolos dous lados. ¿Cómo te sintes co resultado? Antonio Bernárdez D. Santo Domingo

» Meu querido primo Toñito!!
En primeiro lugar, un abrazo moi forte. Síntome realmente moi contento de ter feito este traballo posto que este tipo de música a todos os galegos sempre nos gustou moitísimo. E é ademais é unha parte da nosa vida, polo moito que disfruta a nosa xente nas festas coas grandes orquestras nosas que sempre tocaron este tipo de música. E delo nos fumos enriquecendo nós con esta música.
Un abrazo grande, espero verte pronto por Moaña.

5. hola xil,queria preguntar si vas a actuar en vigo proximamente? gracias

» Niso estamos, espero que poida ser este verán para poder estar con toda a xente á que lle gusta a miña música.
Graciñas

6. tu suegra se llama Aurelia?

» Non, tes que perdoar. A miña sogra chamábase Lina.
Graciñas

7. Boas tardes, en primeiro lugar, felicitarte pola publicación do teu novo disco nestes tempos tan complicados. Gustaríame saber se na volta aos escenarios ¿tes planificado actuar no teu pobo? e outra pregunta, que motivos te levaron a cerrar o restaurante que tiñas en Moaña que tan boas ceas degustei nas miñas vacacións e tantas cancións cantei no karaoke. Moitas gracias! Un saúdo dende o interior galego

» Si, non descarto actuar en Moaña. Pero xa sabes que a contratación non depende de min.
Sobre o restaurante, pois como todo na vida: a familia estaba moi queimada despois de 30 anos de hostelería e, en consenso familiar, acordamos que o mellor era deixalo.
Moitas grazas por ter sido un cliente do meu restaurante e da miña discoteca. Graciñas de corazón

8. bueno en primer lugar mandarche o mellor saudo ,dun veciño teu desde mexico,e darche o meior apoio para teu novo disco.juan o caco

» Juanciño, un abrazo grande. Alégrame que che gustara o disco, posto que o fixen con moito cariño e moitas ganas porque é unha música que eu mamei de pequeno escoitando ás grandes orquestras nosas, galegas, e debido ao meu paso por Venezuela cando fun coñecer a meus pais, no ano 70.
Que Deus te protexa, un abrazo grande.

9. Ola, Xil! Moitísimas felicidades por este marabilloso traballo! Quixera preguntarche en que estilo te sentes máis cómodo: no folk de "Vai e vén", no pop de "Rapaciña bonita" ou nos sons cubanos de "Son da Alma". Noraboa pola túa traxectoria e moitísima sorte na xira deste verán!

» Eu, como músico e como compositor, todo o que fago saéme da alma. Non son persoa de atarme a un estilo, posto que eu de neno bebín de todas as fontes musicais, e gústame facer todo tipo de música e escoitala. Desde a ópera á música máis moderna.
Un saúdo

10. ¿Comes ben? Porque sempre fuches un espicho

» Pois si, a verdade é que aí te podes engañar, non só ti senón moitísima xente que non sabe o que eu como.
Sempre comín moitísimo, o que pasa é que son unha persoa que sempre fixen moitísimo deporte, e sigo facéndoo.
Graciñas

11. ¿Como inflúe na túa música proceder dun sito como Moaña e dunha familia mariñeira?

» Moitísimo, claro. Moaña, a miña terra, Galicia, é unha fonte de inspiración constante en min. E sobre todo o mar, que é algo que me ten embruxado. O mar e todo o que conleva o mundo mariñeiro, do cal eu me sinto un compañeiro e un mariñeiro máis.
Graciñas

12. ¿É certo que en televisión española vetaron unha canción túa? Por que foi?

» Si, totalmente certo. Foi coa cara B dun single que se chamaba ´Nosa Galicia´. O tema vetado era ´A os meus amigos´. Era a miña época como cantante social, no cal eu denunciaba as inxustizas sociais do meu pobo mariñeiro.
Cando saquei ese disco, pregunteille a Phillips, a miña discográfica, como non faciamos promoción na televisión estatal. E contestaron que TVE vetara o meu disco por esa canción.
Graciñas

13. Xi:l¿ O teu primeiro grande exito foi gañar o festival do Miño en Ourense? ¿a cancion era miña rapaciña?

» Foi no ano 73, pero a cancnión non se chamaba así, senón ´Mira Maruxiña´
Eu empecei en Vigo no 71, nun festival que se chamaba Bahía de Vigo, no grupo de solistas. Aí gañei o segundo premio coa canción ´Un anaco de pan´, que sería o meu primeiro disco.
Logo firmei con Phillips e xa gravei o segundo disco, que foi ´Nosa Galicia´. E logo foi cando participei no festival do Miño coa canción ´Miña Maruxiña´, gañando o primeiro premio e premio da crítica.
Graciñas

14. ¿Onde aprendiches eses bailes pintureiros?

» O baile, como digo eu, lévase dentro. Á parte do que ti na vida poidas ir aprendendo.
Graciñas

15. ¿Con que cantante internacional quererías facer un dueto?

» A nivel de homes, podería ser con Tom Jones. E de mulleres, algunha diva do mundo soul, como Aretha Franklin.
Graciñas

16. ¿Qué tal con AiraPro? Ahora trabajas con ellos verdad?

» Moi ben. Aínda que sería moi cedo para valoralo definitivamente. O que si podo dicir é que estou moi contento, posto que son moi atentos, moi humanos e moi boas persoas.
Graciñas

17. Ola, boas! Un artista tantos anos comprometido coa lingua galega, como percibe a situación actual na que moitos sectores españolistas falan da "imposición do galego"?

» Eu seguirei comprometido coa miña fala porque é a fala que me ensinaron os meus avós, e a que escoitei de neno. E é a que falou eu. Polo tanto, non lle dou importancia a que poidan dicir que é unha imposición cando é a fala na que eu me criei.
Graciñas

18. Boas tardes. A miña pregunta é: ¿como explica que moitas persoas perdan a humildade como persoas cando acadan o éxito profesional? ¿Como conseguiches e consegues ti manter a humildade, sendo un mito da nosa cultura? Graciñas polo teu traballo pola nosa terra e a seguir adiante!

» Pois porque esas persoas igual xa non eran moi humildes ou o éxito lles fixo perder a cabeza.
Eu sempre tiven, e teño, moi claro de onde veño, de onde procedo, e cales son as miñas raíces e serán ata que morra.
Tes que perdoar, pero non me considero ningún mito. Son simplemente unha persoa que, se a miña aportación musical axuda a facer cultura, me dou por satisfeito e douvos as grazas por escoitarme.
Graciñas

19. Mis padres son fans tuyos desde hace mucho tiempo, ¿cuando vienes a actuar a Coruña? Saludos

» Moitas grazas e un saúdo a teus pais por gustarlles a miña música. Espero este verán poder facer algunha gala pola Coruña.
Un saúdo para ti tamén.
Graciñas

20. Boas tardes, porque estiveches tanto tempo de paron? En todo caso gracias por volver a animarnos ca túa música.

» Porque ás veces non tiña o suficiente tempo libre para poder compoñer posto que cando pechei o restaurante metínme no mundo inmobiliario e promoción de vivendas, e iso absorbeume bastante tempo.
Graciñas

21. ¿Nas galas que agardamos para o verán tamén se incluirá no repertorio temas do disco anterior a esta último? Graciñas.

» Si, por suposto. Vai basicamente entre o disco anterior e este último, e algún tema estándar como Xirarei.
Graciñas

22. ¿Os temas deste disco son de propia composición?

» Si, totalmente, a música e a letra. Logo os arranxos son de Segundo Grandío, que colaborou neste disco comigo.
Graciñas

Graciñas por acordarvos deste cantautor de toda unha vida, posto que escomecei no ano 71, e para min é moi doado que a moita xente nova aínda lle guste a miña maneira de facer música. Graciñas de novo, unha aperta.

es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de  . Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Publicaciones del grupo
Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad