1. O BNG tamén pensa que é preciso que o aquaparck sexa de balde para a xente de Cerceda?
» O BNG como xa manifestou en moitas ocasións, pensaba e pensa que a compensación por instalar Sogama deberian ter sido outro tipo de servicios no concello, aínda así o que si vimos demandando son cotas diferentes para a poboación de Cerceda.
2. en cerceda todo el mundo habla gallego, así que supongo que en este ayuntamiento el bng no impondrá, como hizo cuando estuvo en la Xunta, el idioma gallego y potenciará el castellano, no?
» Nin en Cerceda nin en Galiza se tentou nunca impor a nosa lingua, o que si se tentou foi normalizar o uso dela en todos os ambitos da vida.
3. Moita xente de Cerceda di que a súa lista ten xente moi nova. Esto é unha vantaxa ou un inconveniente?
» Pois como todo na vida, tera ventaxas e inconvintes, aínda que xente nova con ilusión nunca pode ser unha eiva, senón unha ventaxa.
4. Temos unhas instalacións de radio e TV que moitos concellos desexarían para si. Actualmente están totalmente infravaloradas. Que ten pensado o BNG de Cerceda para darlles un mellor uso? Contará coa opinión da veciñanza, do tecido asociativo, da mocidade...?
» Ahí estou totalmente dacordo co que dis, o BNG ven demandando reiteradamente unha programación propia nos medios locais, que sexa algo máis do que é na actualidade, para iso será fundamental a elaboración dun regulamento que lle de paso á participación de toda a poboación, asociacións e a todas as organicacións politicas.
5. boa tarde, cal é a súa valoración do cambio a última hora na candidatura do PP?
» Cada un na súa casa debe facer o que considere, aínda que visto desde fora non parece a maneira máis correcta.
6. Ola Rocío, boa tarde, e grazas de antemán. En maio de 1996 o concello de Cerceda tiña 5.654 habitantes e a 1 de xaneiro de 2010 (último dato oficial do INE) tiña unha poboación de dereito de 5.486. A qué pensas que se debe esta perda poboacional nun concello que está entre os que teñen a renda per cápita máis alta do país?
» Pois imaxino a que desde o goberno municipal non se puxeron os alicerces necesarios para facer do noso concello un lugara axeitado e atractivo para vivir.
7. Quería preguntarlle a Rocío cales cree qus son as medidas máis apremiantes que terá que afrontar o equipo de governo do concello, xa sexa se gana o BNG ou calquera dos outros candidatos?
» Pois dada a situación pola que estamos atravesando será imprescindíbel promover medidas que faciliten o emprego, facilitando a implantación de empresas no noso concello e apoiando ao comercio e a hosteleria local. Tamén é moi necesario a implantación de medidas que controlen as desfeitas ambientais que se producen en Cerceda, así como democratizar a vida municipal de verdade.
8. Llevo días viendo esta sección donde los aspirantes a conseguir el puesto de alcaldes responden a la gente sus preguntas. Observe que los del Psoe/PP cuando les preguntan en gallego contestan en gallego y si lo hacen en español lo hacen en español, sin embargo a los del BNG de momento no observe ese tipo de deferencias con la gente que les consulta. ¿Eso es una imposición del BNG a los candidatos o tiene otra explicación? Por que no me creo que sea casualidad como tampoco me creo que sea casualidad que todos digan Galiza por Galicia. Observa que no critico que lo hagan pero si que coincidan todos y ya digo que no sea por imposición.
» Pois eu o único que me limito é a falar na miña terra na miña lingua e como sempre fago se alguén non entende, fago o posibel para que a lingua non sexa problema á hora de comunicarmonos, o que si lle podo decir é que desde a nosa orgnización non se nos impón ningunha cuestión relacionada coa lingua, sendo no meu caso unha cuestión de opción persoal.
9. Potenciará vostede o Campo da Feira no aspecto comercial, turístico e de lecer ou opina que é mellor facer todo no Acevedo e que iso vende máis de cara ao turismo?
» Como núcleo tradicional, para nos é fundamental o apoio ao tecido comercial e hostaleiro do Campo da Feira, é un núcleo vertebrador do concello.
10. Cal pensa que é o principal argumento para que a xente de Cerceda vote ó BNG?
» Pois o que decimos sempre, somos xente que cree e quere a Cerceda e que pensamos que xa é hora gobernar para todas e todos, que é tempo de erradicar o de os nosos e os outros e que son horas de cambio tamén para Cerceda.
11. Vostedes levan 16 anos na oposición en Cerceda e nestas últimas eleccións acadaron os mellores resultados. Cre vostede que nestas poden chegar a gobernar?
» Para iso nos presentamos, para gobernar e demostrar que podemos darlle a Cerceda aquilo que precisa.
12. ¿Quen pensa que é o responsable de que a Urb. do Monte Xalo esté sen alumeado público e sen estradas?.
» Pois é evidente que as cousas na urb. do Xalo fixeronse mal desde o principio e agora son as mulleres e homes que viven nesa parte do concello quenes sufrén a deixadez e o mal facer tanto do goberno local, como das persoas que promoveron no seu día a urbanización.
13. Que foi da rotonda do Esperón? Houbo unha manifestación pero o tema quedou parado. Pensan facer algo desde o BNG ou abandonarán á veciñanza como fixo Liñares?
» Aínda no pleno da pasada semán formulamos unha cuestión relacionada coa rotonda, para o BNG a conversión da semi-rotonda do Esperón en rotonda é prioritaria, para tentar dunha vez, poñerlle freo á cantidade de sinistros que ali se producen. O bng sempre estivo e estará coa veciñanza de Cerceda, tanto niste como noutros problemas.
14. ¿Cómo se pode dinamizar a política cultural deste concello, que penso nula neste momento? grazas.
» Grazas a ti pola túa pregunta, pois cremos que o prioritario é crer na cultura como unha ferramenta imprescíndibel para a calidade de vida das persoas e a partir de ahí facer unha verdadeira política cultural municipal propria e non estar á expensa de convenios asinados con outras institucións
15. Pareiceche bien que o alcalde do concejo de Cerceda saque cartos do Concejo para pagar o seu equipo de futbol pe?
»
16. Hola Rocio de la Iglesia, cuantos concejales pensáis que podéis sacar esta vez? Os quitara Terra Galega alguno? Gracias guapa.
» Pois o máximo son 13, se sacamos 7 xa estaremos contentas e contentos, pois como xa dixen presentamonos para gañar e os resultados das outras opcións serán unha preocupación para elas.
17. Teño visto moitos Plenos na RTV Cerceda e nunca a oín decir nada en favor dos seus veciños do Monte Xalo. Nestes vindeiros catro anos, ¿Cal será a súa contribución ós veciños do Monte Xalo?
» Ao longo de todos estes anos, sempre formulamos alegacións nos orzamentos municipais para que se dote de mellores servizos á xente do Xalo, pois teñen dereito a dispor dos mesmos servizos que calquer outra parte do concello.
18. O seu partido é o único que claramente se mostrou a favor de que se reforme o cruce do Esperón e levan traballando moito para conseguilo. Din que o van reformar pero eu creo que tamén teñen que baixar o cambio de rasante pois senón vai continuar o perigo. Cre vostede que se vai reformar nuns meses ou son promesas electorais?
» Polo que nos contestou o Alcalde no pasado pleno, así como no seu día o conselleiro no parlamento galego, en principio tentarán crear unha verdadeira rotonda nos vindeiros meses, polo que agardamos que non se queden en promesas do PSOE e do PP e que se faga dunha vez o necesario para evitar que se sigan a producir sinistros cada semán.
19. En estos ultimos años se ha estado ocultando problemas de contaminación de la central nuclear de Cerceda, según tengo oido que además de cobrar por cada pleno, la empresa os paga para que no saqueis a la luz estos temas. ¿Desde tu partido crees que si llegases a la alcaldia seguiriais aceptando estos sobornos?
» Primeiro e para tranquilizarte, afortunadamente non temos ningunha central nuclear en Cerceda e segundo, o BNG leva denunciado reiteradamente tanto os problemas de contaminación da térmica de Meirama como de Sogama e nunca aceptaremos ningún tipo de soborno sobre esta, nin ningunha outra cuestión.
20. El BNG vota con el Psoe y defiende la política del PSOE. Esa política la defiende mejor el PSOE que el BNG y la ley electoral castiga la dispersión del voto., Entonces poir coherencia no cree que el BNG debe pedir el voto para el PSOE?
» O BNG é unha organización soberana que unicamente defende os intereses de Galiza e da poboación galega, polo que nalgún momento pode chegar a acordos puntuais con outras organizaciónm, que beneficien ou solucionen problemas do noso pobo.
21. Fálase moito en Cerceda de que a xente está "moi queimada" co alcalde. Comparte vostede este punto de vista, ou é o que se di sempre e ao final "ahí están os resultados electorais"?
» Efectivamente ise é un discurso que levamos moito tempo escoitando, máis agardamos que desta volta si se faga xustiza e se recoñeza o traballo de quen sempre estivo a carón da poboación e dos problemas da xente de Cerceda, que creo sinceiramente unicamente fomos nos.
22. Teñen pensado conservar as Mamoas que ai cerca da pista de aeromodelismo, ou deixaran ampliala sen respetar os 200 metros legais?
» Por suposto para nos o respeito ao patrimonio é un dos eixos fundamentais do noso programa, por iso foi a nosa organización a que denunciou ao Concello por estas obras.
23. Que te parece que la persona contratada como cargo de confianza del alcalde, vaya de nº 2 en la lista del psoe? la confianza está demostrada.....
» Para nos non é ningunha sorpresa, pois xa foi concelleira noutras corporacións.
24. Sempre se dixo que o BNG de Cerceda era un grupo moi cerrado, que eran sempre os mesmos... Como ve vostede esta situación? A que cre que é debido que a xente pense así? No caso de estar de acordo coa afirmación, que medidas aplicarán nun futuro ou levan aplicado para intentar arranxar esta imaxe?
» Para nada somos un grupo pechado e por iso sempre estamos intentando programar todo tipo de actos e actividades para que a xente se achegue ao noso proxecto.
25. Hola Rocío, en caso de ser elegida a primeira cosa a facer en cerceda sería?
» Creo que a primeira cousa sería comunicarlle á poboación de Cerceda que somos un goberno para todas as mulleres e homes do noso concello e erradicar dunha vez o goberno dos nosos e dos outros.
26. Cal sería a postura do BNG de Cerceda, con respeito á participación dos grupos políticos no medios de comunicación locais, no caso de que a partir do 22 de maio ostentara a Alcaldía de Cerceda?
» é evidente que sería totalmente diferente a do actual Alcalde, que nos ten vetada a participación nos medios locais, como medios de comunicación públicos e locais o BNG poñeira en marcha un regulamento que establecera a participaciòn de todos os grupos municipais nos medios locais, sen vetos de ningún tipo.
27. Todo o mundo sabe que para traballar en Cerceda hai que pasar polo despacho da alcaldía, mudará esta situación de ser alcaldesa?
» Por suposto, desde a primeira vez que nos presentamos sempre dixemos que o noso concello debería ter unha oficina municipal de emprego, dirixida por persoas capacitadas e que puxera en contacto a demanda coa oferta e sen ningún tipo de interferencia da Alcaldía, levamos moitos anos asistindo á venda de votos por postos de traballo e esa situación ten que rematar dunha vez.
28. Que ides facer co acceso ó centro médico de Cerceda, sempre vos escoito a vos falar do tema e ó alcalde botar "balons fora"....é o que ten o futbol
» Efectivamente é un gran afeccionado a ise deporte é por iso se lle da tan ben o de balóns ás leiras, como tamén levamos decindo para o BNG os acesos ao centro médico de Cerceda son fundamentais, polo que caso de ser Alcaldesa sería unha das primeiras actuacións nas que traballaria.
29. vin alguns plenos do concello de cerceda e a vd. o alcalde trata con desprecio verbal ¿vd. porqué acepta eso? a vd. merecelle a pena eso? porqué nadie da oposición e capaz de facerse respetar diante do alcalde? da impresión que toda a oposición en cerceda ten moi pouco peso? e non val que me diga qiue o alcalde e moi mal educado como lle dixo alguna vez, vds. non se fan respetar ¿porqué?
» Pois eu creo que precisamente facémonos respeitar non poñéndonos a altura del, para facerse respeitar creo que non son precisas as descualificacións persoais, nen os insultos, chega con manter a calma, facer propostas serias e tentar darlle solucións ás xentes de Cerceda
30. Maís dun millon de euros do concello para deportes que o final foron a parar o CD Cerceda, por que miraron para outro lado?
» Nunca miramos para outro lado é unha das nosas loitas continuas, denunciar o despilfarro económico que se ten feito desde o concello cara o équipo de fúbol do CD Cerceda, desatendendo o resto dos deportes.
31. Hola Rocio: supoño que estará preocupada porque o cambio do candidato no pp de cerceda faceriano pa recuperar os tres concejales que lle colleron vds. nas ultimas eleccions. ¿preocupalle? ¿está dacordo que o bloque en cerceda non ten nada que facer e se sacou tres nas últimas foi polo desbarajuste no pp)
» Non estamos preocupadas, nos creo que temos un traballo de catro anos que a xente de Cerceda saberá valorar, somos a única forza política de Cerceda que sempre está con toda a xente que o precisa, somos a única organización política que realmente se preocupa polos nosos problemas, polo que creo que a xente de Cerceda voltará a apoiarnos como fixo fai 4 anos.
32. Urbanismo, pa ti como se come que na Silva se construye una nave tendo un polígono en Cerceda?Gracias
» Outra desas cuestións que vimos denunciando reiteradamente, a falta dun Plan de Ordenación Municipal fai que se den este tipo de situaicóns, coas que nos non concordamos.
33. Se chega á alcaldía seguiría participando nesa especie de "Aló Presidente", como fai todos os xoves o alcalde na TV pública de Cerceda?
» Como xa dixen noutra ocasión, a poboación de Cerceda ten dereito a saber a través dos medios locais cal que é a politica que se elabora desde a institción municipal, polo que se facilitará a partipación nestes medios de todos os grupos municipais e por suposto tamén a Alcaldia, aínda que o formato existente parecenos francamente mellorábel, polo que de ser Alcaldesa, os contactos coa veciñanza serían diferentes.
34. Rocio ¿porque en Cerceda tenemos que chupar toda la porqueria que no quieren otros, Sogama, Meirama, ....?
» Pois porque no seu día os grupos de goberno existentes (PSOE) apoiaron a instalación destas industrias no noso concello.
35. o Paco do PP é enxeñeiro ou perito?
» Pois non teño nin idea, será mellor que lle preguntedes a él mañán.
36. O pasado Xullo o aquapark converteuse non macrobotellon para bacalas e pastilleros. Esta a favor de facer estas festas en Cerceda?
» Nos estamos a favor de promover actividades culturais en Cerceda, polo que este tipo de actividades tamén poden ser benvidas en Cerceda
37. rocio ¿que te parece el nueco candidato del pp?
» Creo que o que me pareza a min non ten importancia.
38. A feira de Cerceda e da Silva están casi desaparecidas, que opina desta situación? cre que desde o grupo de goberno teñen feito o sufucuente ou é este un tema que non interesa?
» No noso progama eleitoral de fai 8 anos, xa faciamos propostas para revitalizar estas feiras, oito anos despois desde o goberno municipal entendemos que non se fixo nada por convertir estas feiras no núcleo sobre o que poidese pivotar o comercio cercedense e hoxe, desafortunadamente están na situación na que están.
39. Encrobas foi probablemente a parroquia que mais fixo por Cerceda e a que máis sufriu o "progreso" do noso concello nos ultimos anos. De acadar o poder, cales serán as súas propostas para mudar a situación de semiabandono que vive? grazas
» Estamos dacordo, pensamos que a institución municipal non foi xenerosa con quen tanto dou polo resto, polo que entre outras cousas o BNG cando menos traballaria para que o Lago da Mina das Encrobas sexa de dominio público e non dunha empresa e para que poida ser gozado por todo o mundo e despois dotariamos esta parroquia dos servizos que lle corresponden.
40. O PSOE presentou a sua lista como a gran renovación, moitos sabemos que a renovación consiste en cambiar literalmente pais por fillos ou por sobriños, cre que o PSOE de Cerceda é un grupo pechado?
» á vista do presentado, cremos que sí!
41. A oposición á Central de Meirama foi bandeira do nacionalismo popular dos 70-80. Como é que agora vostedes teñen a mesma postura que PSOE e PP e defenden a queima de carbón pola ditadura dos "postos de traballo" en contra de criterios das entidades ecoloxistas galegas?
» O Decreto do carbón é unha puñalada máis ao noso país, formulado sen ningún tipo de criterio, máis que o de favorecer a uns partes do estado en detrimento de outras, que coma sempre volta a se a nosa.
42. A vos coñécenvos como a candidatura dos rapaces, aínda que en xeral na miña opinión de rapaces tedes pouco.Que opinión che merece que o alcalde diga que a lista do Psoe aposta pola mocidade cando ademáis ningún vai en postos de saída senón máis ben de recheo?
» Pois ti mesmo te contestas, na candidatura do BNG os 5 primeiros postos ocupanos persoas das que a perosa de maior idade son eu que acabo de cumprir 42 anos, polo que pensamos que queda clara a nosa aposta.
43. No último pleno municipal vostedes non apoiaron a compatibilidade entre ser alcalde e presidente da federación galega de futbol, non cre a Liñares capaz de atender eso e mais?
» Pois cremos que non, xa que desde que foi escollido como presidente da federación de fútbol, está máis tempo fora do concello que nel e, se a iso lle engadimos que non ten feita nada máis que unha delegación de área, se pensamos que durante os 16 anos que leva sendo alcalde, nunca quixo delegar en ningúen, queda claro que se antes non lle chegaba o tempo (como nos ten dito) e se agora co mesmo tempo ten que adicarse a 3 cousas, entendemos que o noso concello quedará desatendido, polo que pensamos que é mellor que renuncie a unha das cousas.
44. personalmente ¿que lle parece o trato feito o seu compañeiro nos plenos D. Manuel Becerra Souto?
» Pois penso que en moitas ocasións non foi respetuoso, confundindo a falta de coñecemento de cuestións coa mala educación.
45. O escudo municipal sempre estivo rodeado de polémica. Cambiaríao? Que símbolos empregaría?
» Pois penso que as cuestións dese tipo deben contar coa aprobación da poboacion, polo que de facer algo relacionado co escudo, deberia ser aprobado pola xente de Cerceda
46. Este ano volve a Feira das Nenas á Silva, esta feira ten periodicidade cuatrianual, ou como é?
» Pois sí casualmente sempre coincide coas eleicións municipais, creo que é un tema no que deberán reflexionar ás xentes da Silva.
47. Que lle pareceu o circo de Liñares e os camioneiros? Moito paseo a As Pontes pero nada mais verdade?
» Pois efectivamente, mesmo amenazou con non presentarse, pero xa vemos que hai discursos que marcharon no mesmo vento.
48. A candidatura do PP foi feita nos últimos meses e polo que parece fórmana persoas que nestes últimos anos nunca se teñen manifestado públicamente polos problemas do concello nin se sabe que tivesen traballado polo mesmo. Pensa que se presentan porque lles prometeron algo ou para defender problemas persoais?
» O que si teño claro é que non se presentan para defender a xente de Cerceda e tentar poñerlle solución aos problemas de Cerceda, pois tempo tiveron para facelo e nunca lles escoitei decir nada ao longo de todos estes anos, polo que pouco crédito me ofrecen a priori, sobre o de traballar para o ben da xente de Cerceda
49. que opina do traballo feito no parlamento pola sua veciña e ex-concelleira socialista Silvia Fraga?
» De cada 10 veces que se fala de Cerceda no parlamento galego, 9 son grazas a cuestións formuladas polo BNG, polo que creo que queda contestada a túa cuestión.
50. Vai haber estas eleccións debates electorais na Radio Televisión de Cerceda? EStades os do BNG dispostos a debatir cos dos outros partidos?
» Sempre é unha das nosas propostas e desta volta, voltaremos a solicitar debater na RTV de Cerceda con todos os nosos contrincantes políticos.
51. Onte preguntáronlle a Manuel Becerra que opinaba sobre o respeto dos dereitos dos presos políticos galegos, e o fin da dispersión ilegal, e dixonos que lle preguntaramos a vostede (?). Que opina sobre este tema?
» Pois penso que o feito de cumprir a pena nos lugares máis próximos aos enderezozs dos reos, debería ser unha cuestión indiscutíbel.
52. Hola,Bos días,¿Poderíame explicar vostede qué clase de oposición fan no Bloque no concello de Cerceda,cando un alcalde,o señor Liñares,leva non sei cantos anos no goberno municipal facendo e desfacendo o seu antoxo? ¿Non lle parece estrano,que un concello que presume da renta per cápita das mais altas de Galicia,moi industrializado para ter só 5500 habitantes (con Sogama e Limeisa),con pistas de pádel,piscinas,equipo de fútbol e hockey,que nese concello non existan infrastruturas básicas como saneamento (depuradora,canalizacions de augas residuais),electricidade,etc e algunhas parroquias estean abandoadas? Moitas grazas.
» Os resultados electorais non dependen do BNG senón da poboación cercedense, polo que aínda que nos estemos en desacordo con moitas das cousas que se fan e fagamos as denuncias políticas pertinentes a poboación é soberana, o que si aseguramos que nos de gobernar Cerceda fariamolo para todas as parroquias e para nos o prioritarios son os servizos básicos.
53. Que opina da foto de Quintana no yate, ten amigos vostedes así de xerosos?
» Creo que é unha cuestión que se sacou de contexto no seu momento.
54. Nestes próximos catro anos, ¿Cal será a súa contrición ós veciños do Monte Xalo?
» Creo que xa contestei noutra ocasión, máis o que si decimos é que para nos a xente do Xalo debe ter dereito aos mesmos servizos que calquer persoa de calquera parroquia.
55. Porque pensa que ó PP fai 4 anos non lle interesaba Cerceda e agora está tan interesado nela?
» Pois teredes que preguntarlle ao candidato do PP mañán.
56. PIENSAS QUE CON SOLO HABLAR GALLEGO SE SOLUCIONAN LOS PROBLEMAS DE CERCEDA
» Por suposto que non, nin falando galego nin calquer outra lingua, os problemas de Cerceda solucionanse con honestidade, con firmeza, con coherencia e con moita paciencia, entre outras cousas.
57. Vostedes amósanse moi criticos coa xestión de Sogama, a cal eu considero penosa. Pero, como houberan empregado vostedes os cartos do plan Miner e poder así paliar a perda de postos de traballo que supuxo o cese paulatino das actividades da mina?
» Creo que unha cousa non ten nada que ver coa outra, o que si queda claro é que as oportunidades pasan e o diñeiro despilfarrado dos fondos Miner non voltarán, nos pensamos que se deberían ter empregado en dota de oportunidades serias ao noso concello, favorecendo doutra maneira a implantación de empresas e facendo atractivo o noso concello para vivir, coa creación de outro tipo de servizos e priorizando os básicos.
58. ¿SI EL sR. RIVAS SALE ELEGIDO CONCEJAL PODRA SUS EMPRESAS PODRAN SEGUIR TRABAJANDO PARA EL AYUNTAMIENTO?
» Pois esa será unha cuestión que terán que dirimir os servizos xurídicos do concello.
59. En Cerceda, ate o de agora o goberno nunca se preocupou dos sectores gandeiros, agrarios e forestais, pensa que nestes eidos temos perdido oportunidades? estaria vostede disposta a traballar neste sentido? cre no eido rural de Cerceda ou debe ser todo industrial?
» Niste tema levamos moitos anos perdidos, pero aínda podemos facer cousas, para nos este é un sector prioritario totalmente desatendido por este goberno, polo que promoveremos medidas que faciliten e favorezan que a xente quede a vivir nas parroquias e que se incorpore a actividades relacionadas co sector primario.
60. LA GENTE RUMOREA QUE SI EL PSOE CONSIGUE OTRA VEZ LA MAYORIA ABSOLUTA EL SR. LIÑARES DIMITE Y DEJA A BEGOÑA DE ALCALDESA, ¿A USTED QUE LE PARECE?
» Pois teredes que preguntarlle ao Sr. García Liñares pasado mañán.
61. Non queremos lixo no concello. Que quere facer o BNG co vertedoiro da Areosa? Cal é a súa posición?
» A nosa posicións é que vimos mantendo desde o ano 1993, Sogama é unha gran mentira, que nos leva mentindo desde o seu comezo decindo que trata o lixo, cando o único que fai é acumulalo no máis grande vertedoiro do país, no bng somos conscientes de que o lixo é un gran problema da poboación galega, máis o que non pode ser é deixarlles que sigan facendo todo o que lles de a gana como levan facendo, a normativa ambiental está para cumprila e seremos rigorosos na esixencia do seu cumprimento.
62. En caso de que Liñares non saque maioría o BNG de Cerceda fará coalición co PSOE? Acataredes o que vos marque a dirección nacional, ainda que haxa que tragar sapos e culebras?
» O BNG presentase para gañar e acadar un goberno en solitario.
63. E partidaria de deixar os escritos do concello so en galego o tamen en castelá e ingles, agora que case ai un 30% de extranxeiros vivindo en Cerceda?
» Nos somos partidarios de que se normalice en todos os ambitos da vida o uso da nosa lingua.
64. Que opinión lle merece que o Alcalde sexa tamén o presidente da Federación Galega de Futbol?
» A que formulamos no pleno pasado, coa súa vida privada que faga o que considere, sempre que as súas ocupacións non lle afecten ao noso concello.
65. Cal pensa que debe ser o papel do concello no tema dos despidos de SOGAMA?
» Creo que tería que terse impliacado doutra maneira e apoiar á xente desde o principio, non tentar aparecer de salvapatrias para apuntarse tantos.
66. Eu, que vivo en Cerceda, penso que como o saco municipal está medio valeiro a Liñares non lle interesa xa seguir por estes lares, ós que veu cando a cousa pintada ben e agora volará....de feito xa buscou a donde, e mentras os de Cerceda quedamos como estabamos e sin os cartos
» Evidentemente a situación de crise é para todo o mundo e os tempos de bonanza que tivemos cremos que non voltarán, aínda así en Cerceda temos moitas potencialidades que debemos aproeitar doutra maneira.
67. que che parece que haxa en Cerceda espazos públicos como o Polideportivo de Cerceda que é de uso exclusivo do equipo de hoquey do Liceo? para eso gastamos os cartos de todos
» Parecenos unha aberración como tantas outras, se o BNG goberna en Cerceda recuperara o uso público para toda a poboación desta instalación.
68. Na lista do Psoe non levan a ninguén das Encrobas nos postos de saída. Xa sei que a miña parroquia é pequena pero, precúpanse vostedes máis e teñen máis consideración con ela?
» Para nos todas as parroquias son importantes, aínda que no noso caso moitas veces temos dificuldades para que xente de todas elas se incorpore ao noso proxecto, pero isto non vai significar que queden desatendidas nin que non traballemos por elas.
69. que es lo primero que hara por el concello cree que la xunta colabora con la xunta?
» Poucas as grazas que a Xunta colabore co noso concello, cando lle temos dado solución a un dos máximos problemas que tiña!
70. Para cando unha oposición razonada e razonable? Como é que cando se está na oposición, sexa o partido que sexa, se vote en función dos intereses de partido ou ben dos intereses própios, esquencendose de todo o demáis? Para cando o abandono do panfleto e da bandeira? Para cando o abandono de posicións "robinhoodianas"?. Alí onde é que hai un problema, máis ou menos importante que afecta a máis ou menos persoas, con máis ou menos razón, alí vos estades, mais, con todo iso os resultados electorais (iso , no fondo, é o que procurades; o mesmiño que o resto, obviamente) son bastante pobres.
» Creo que sendo oposición temos que estar alí onde nos demanden a nosa presena e iso foi o que fixemos todos estes anos, a maiores de facer propostas en positivo sobre cuestión que consideramos prioritarias para Cerceda. O dos resultados, como xa dixen, non dependen de nos, senón do que cada persoa decida o día da votación.
71. PARECELLE NORMAL QUE UN CONCELLO COMO CERCEDA CON TANTA INDUSTRIA ESTE PRACTICAMENTE SIN TRANSPORTE PUBLICO?¿ EN CASO DE QUE USTEDES CONSIGAS A MAYORIA ABSOLUTA TEÑEN PENSADO SOLUCIONAR ESTA DEFICIENCIA?
» é unha das nosas eivas e que máis temos denunciado, denunciamos a perda de servizo de tren en 3 parroquias, a perda de servizos de autobús, propuxemos un servizo de transporte interparroquial e agora tamén un servizo que achegue á xente a estación de tren, tamén pedimos un mellor servizo de transporte colectivo por bus á Coruña.
72. ¿Sabe a que parroquia pertence o Xalo?
» A que parte te refires, a que pertence á parroquia de Encrobas en Cerceda, ou á que pertence a Carral?
73. Boas Rocio, se eu lle voto o BNG e porque penso que vai devolver os espacios e instalacions públicas para o desfrute dos veciñ@s de Cerceda. Que opinas do uso case privado do pabellon municipal!? De equipos ´fantasma´ como os do hokey? de que os deportes se teñan que facer cada semana nun sitio, a falta de espazos para asociacions,escola de musica. etcc.. grazas
» Xa dixen que se nos gobernamos recuperaremos o uso do pavillón de Cerceda para o uso público de toda a poboación, polo que queda claro que non comparto o uso que se lle está dando na actualidade.
Moitas grazas a todas e a todos vos polas vosas preguntas, agardo ter contestado ás cuestións que me plantexastes e de non ser así quedo á vosa disposición no seguinte enderezo electrónico bng.cerceda@gmail.com
Unha aperta.