ENTREVISTA-CHAT     ENTREVISTA-XAT     LIVE-CHAT
  Ángel García Seoane
Viernes, 29 de abril de 2011 a las 12:00h.
Divendres, 29 de abril de 2011 a les 12:00h.
Freitag, 29. April 2011 um 12:00 Uhr

Ángel García Seoane

Candidato de Alternativa dos Veciños en Oleiros

Ángel García Seoane

1. ¿Por qué la Xunta margina a Oleiros? Eloy

» A Xunta margina a Oleiros porque intenta afogar ao goberno municipal para ver si así algún día lles cao o goberno nas mans. Asimismo, os fondos que tiñan que vir para Oleiros os destina a aqueles municipios que viven das dádivas.

2. Covadonga Díaz, del PSOE, prometió en las pasadas elecciones municipales que no lo apoyaría para que usted saliese como Alcalde, sin embargo rompió esa promesa y lo apoyó para su elección y le ha dado su apoyo durante toda la legislatura. ¿Cree que ese ha sido el motivo por el que el PSOE ha decidido sustituirla por Luis Vázquez?

» O PSOE en ningún momento apoiou aAlternativa para que tuvera o goberno a pesar do intento do secretario xeral, actual candidato do PSOE en Oleiros, de chegar a un pacto co PP,que entendo non permitiu Covadonga e algúns outros compañeiros do PSOE.

3. Señor García Seoane: ¿a qué tiene previsto dedicarse cuando no sea usted alcalde de Oleiros?

» Cando non sexa alcalde de Oleiros, á miña profesión

4. para cuando la via artabra y que paso con su casa?

» A vía ártabra, hai que preguntarlle ó señor Feijóo, que é o que ten os fondos dos galegos para acabala. Coa miña casa, que as sentencias déronme a razón e o Consello Consultivo tamén, e por tanto teñen que indemnizarme polo dano que me fixeron. Son as tres administracións, Xunta, Concello e Costas do Estado, as que deberan facerse cargo da indemnización. REalmente tiña que ser Luis Vázquez e Cobián, que foron os autores de toda a campaña difamatoria.

5. Cre que ao Che lle gustaría que se gastasen cartos en facer estatuas súas? Non pensa que hai persoeiros galegos que merecen tamén recoñecemento, para o que non fai falla gastar tanto carto?

» A estatua do Che é unha homenaxe aos cooperantes internacionais, dado que el foi un exemplo de cooperación único no mundo. Dou a súa vida polos demais. Outros personaxes xa teñen as súas rúas e przas en Oleiros.

6. O candidato do pp sigue erre que erre ca parcela de Nos para o futuro colexio, que o Concello ainda non remitiu toda a documentacion de dita parcela, que pode decir a todo esto?

» A Xunta de Galicia ten na súa man os documentos de propiedade da parcela, que se poña a redactar o proxcecto e que prevea nos orzamentos do próximo ano os cartos para facelo.

7. A miudo escoitamos os grupos da oposición en Oleiros afirmar que o goberno municipal está permanentemente nos xulgados, pero logo vemos que realmente o que fan e defenderse das denuncias como no paseo ou aceras de Mera, Perillo etc. ¿Non e máis certo que a oposición xudicializa a vida municipal?

» A oposición no concello de Oleiros ven utilizando desde hai moitos anos a vía xudicial con difamacións continuas contra a persoa do alcalde, co único fin de lograr o que non logran nas urnas. De 17 querellas criminais presentadas por estos individuos e outros, ningunha se fallou en contra da miña persoa. Hai que preguntarse quen son os delincuentes.

8. Por que Costas non aborda dunha vez a reforma da praia de Naval? Seguirá vostede esixindo esa reforma tan demandada polos veciños de Santa Cruz e Dorneda?. Un veciño de Santa Cruz

» O Concello de Oleiros leva 17 anos demandando a recuperación do entorno da praia de Naval. Na actualidade, o Concello ten adquirido a totalidade do suelo para construir un parque e protexer o entorno da praia. Estamos pendientes da decisión do Ministerio de Medio Ambiente para que se executen as obras.

9. Bos dias,Montrove esta morrendo por que te empeñaches en facer urbanizacions para "ricos"e votaches os veciños de toda a vida,non nos dotas de instalacion municipais,quitasnos o campo de futbol,etc etc..que ofreces a Montrove para que eu che vote?

» Montrove está cheo de vida, ten todos os servicios e equipamentos, como calquera localidade do municipio. Ademáis dos parques máis bellos do municipio. As urbanizacións de Oleiros son para os cidadáns, á marxe do peto que teñan. En Icaria hai máis de 60 vivendas de precio protexido de iniciativa municipal exclusivamente para veciños do municipio, como as 632 que se fixeron nestes últimos cinco anos. O que se vai de Oleiros é porque quere.

10. los votantes de oleiros se dividen mayoritariamente entre un partido que defiende el comunismo y otro de derechas. ¿tan diferentes son los vecinos de este concello? ¿no es un poco ilógico que ambos sean los más votados?

» Los votantes de Oleiros son ciudadanos, nin comunistas nin de dereitas, e votan como queren e a quen queren . Si algo non son os cidadáns de Oleiros é ignorantes da realidade do noso municipio.

11. ¿Cree que Alternativa depende de usted para seguir en el Gobierno o habría logrado ganar tantas elecciones municipales con otro candidato?

» Alternativa dos Veciños xa existía cando non existía o PSOE en Oleiros, nin o BNG nin o PP. Foi creado polo movemento veciñal no ano 1979 como partido. Alternativa dos Veciños ten identidade propia máis alá da persona de García Seoane.

12. ¿Por qué no se reune con los vecinos de mesón da auga para estudiar las deficiencias de la urb.(aceras, falta de papeleras, accesos para minusvalidos, parcela del concello sin desbrozar, recogida de aguas clandestina,etc) y amenaza con demandar a la Xunta y Xestur por algo que el concello dio el visto bueno?

» Sempre e cando quixeron os veciños de MEsón da Auga foron atendidos polo Concello. Todas as deficiencias que ten a urbanizació, principalmente as vivendas, son de responsabilidade única e exclusiva da Xunta de Galicia, que foi quen as construiu a través da empresa Xestur. A ver cando a promesa que lles fixo o candidato do PP hai ahora seis meses se executan as obras de reforma dos cuartos de baño, humedades, fundimentos e inundacións en sotos. Que se deixen de engañar á xente. A parcela que ten a maleza é da XUnta de Galicia e está destinada a un centro comercial. Que a limpen eles.

13. De continuar no goberno seguirán vostedes apostando por un ensino público de calidade? Seguirán mantendo e financiando programas como o de prevención de Drogas e alcohol que tan bos resultados está dando, e apoiando as actividades extraescolares a pesar da crise?

» Alternativa dos VEciños tivo unha dedicación especial ó tema dos nenos, no que concierne a educación, cultura... e nesa liña seguiremos. Oleiros é un dos concellos que máis actividades desenvolve dirixidas ós nenos e mozos.

14. ¿No cree que las subvenciones concedidas este año a las asociaciones por parte del concello son una especie de despedida, pues las grandes cantidades van a asociaciones afines, excluyendose de ellas a asociaciones no tan afines?

» O Concello de Oleiros otorga máis de 300.000 euros ao conxunto das entidades do municipio. Querer calificar ás entidades como afíns ó goberno é miserable. O Concello non exclúe a nadie excepto a aquelas entidades que nacen co único fin exclusivo de acceder a subvencións sin actividade algunha.

15. Sr. García: Paso todos los dias por el campo donde juega el Unión Campestre y observo el trabajo desarrollado por ese Club, en instalaciones lamentable, para decir tercermundistas, con una cantidad de niños, jóvenes, etc.¿Para cuando unas instalaciones idóneas, como hierba artificial. Solo es gestionar con otras Administraciones Públicas, Sr. Garcia. ¿ Vd. lo sabe?

» O campo municipal que usa o Montrove é un dos mellores, entre os sete que ten o Concello, en instalacións. Dotar de herba artificial un campo de fútbol supera os 300.000 euros. O Concello, por certo, xa ten un campo de herba artificial onde xogan tódolos clubes que o desexan, que é o de Oleiros.

16. SOY UN VECINO DEL REAL EN DEXO, HACE MAS DE 30 AÑOS QUE SE CONSTRUYERON ESTAS VIVIENDAS ,NO TENEMOS NINGUN SERVICIO NI AGUA POTABLE NI ALCANTARILLADO,TENEMOS LOS POZOS CONTAMINADOS ,NOS CONSIDERAMOS TERCERMUNDISTAS EN UN AYUNTAMIENTO COM0 EL DE OLEIROS QUE SOLUCION NOS DA USTED DESPUES DE 30 AÑOS DE ESPERA

» Que se legalicen, a través da figura urbanística do plan xeral, e poderán optar como calquera outra comunidade ós servicios.

17. O do campo de golf pode ser un polo de atracción turística, pero aínda podería sacárselle máis rendimento, por exemplo se o Concello participa como socio dos promotores ou no accionariado. O Concello ten previsto esta posibilidade?

» O Concello, na actualidade, é co-propietario de cerca do 30% do ámbito do campo de golf, tendo previsto crear unha escola municipal para formar ós xóvenes neste deporte no ámbito do campo de golf.

18. Fai pouco, en Perillo, unha promotora pediu reducir ó numero de vivendas de 20 a 10 na súa promoción, ó ver que non podía vender tantas vivendas. Nembargantes, vostede di que se van facer agora 700 vivendas no campo de golf ¿Non cree que é moi difícil que se poidan vender a día de hoxe ese número de vivendas en Oleiros?

» A reducción de vivendas en Perillo foi para mellorar a calidade das dez que se van construir. No campo de golf, para a súa información, direille que máis da metade van ser de precio protexido. ¿Viu vostede nalgún sitio de España ou do mundo que se fixeran vivendas para traballadores nas inmediacións dun campo de golf?

19. Por qué los políticos les cuesta tanto dejar el sillón?, no les gusta la alternativa ni por la alternancia en su propio partido, y eso que Uds. son "Alternativa". Si esto ocurre en otro partido o ideología le llamamos dictadura Demócratica.

» Alternativa é un partido democrático e asambleario onde as persoas as elixen os veciños a través de asambleas e eleccións primarias abertas ao conxunto do electorado de Oleiros.

20. La piscina de Dorneda lleva menos de un año abierta, y costó más de 2 millones de euros, que se pagaron con el Plan E de Zapatero. Sin embargo, y pese al alto coste presenta graves deficiencias como goteras, o servicios que ya no funcionan. ¿Piensa hacer algo para solucionarlo?

» A piscina de Dorneda é unha instalación de alta calidade para o servicio dos cidadáns de Oleiros e doutras localidades onde carecen delas e funciona á perfección.

21. En relación al l PXOM, aprobado parcialmente, ¿Cuál es la situación de los núcleos que la Xunta mantiene en suspenso?

» A Xunta do bipartito e do PP marxinou a trece núcleos que nos plans anteriores do 84 e do 95 eran urbanos. Sin ningún tipo de argumento, excepto as maldades dalgún individuo. Por certo, a oposición impediu ó goberno que presido defender ós veciños nos tribunais, que é a única vía alternativa que quedaba. NA actualidade, o grupo que presido de Alternativa estamos defendendo nos tribunais o dereito que teñen os cidadáns a que o seu suelo sexa urbano porque teñen todos os servicios que a lei exixe.

22. Porque cree que esta cerrado el centro de As Galeras si esta terminado desde Agosto del año pasado

» Pola incompetencia dun goberno autonómico que engaña ós veciños con promesas electorais que non cumpre. A causa principal de que esté pechado este centro é que están esperando a ver qué acontece nas eleccións para despois colocar, se fora o caso, ós amigos na xestión do centro. Son unha banda de impresentables que están a provocar que desde hai 8 meses 80 cidadáns de Oleiros carezan dun servizo elemental para a poboación maior do municipio.

23. ¿es normal que por vivir al otro lado del puente pasaje, la frecuencia de autobuses sea de mínimo cada media hora? ¿piensan hacer algo desde su partido al respecto? gracias

» A frecuencia dos autobuses nas localidades de Dorneda, Santa Cruz e Perillo é cada 20 minutos e no resto das localidades, na maior parte dos casos, é de hora en hora. Os concellos de menos de 50.000 habitantes non temos competencias en temas de transporte público. A batalla que desde hai anos estamos a librar contra os distintos gobernos da Xunta veu a dar pequenos froitos, como son o da reducción da tarifa que se cobra ós viaxeiros, que se está a financiar en cerca dun 50% por Concello e comunidade autónoma. O Concello de Oleiros gasta 240.000 euros ó ano na subvención dos billetes. Haberá que seguir loitando para ter máis frecuencias.

24. La oposición habla siempre de Santa Cristina pero he leido en este periodico que se ha invertido más de 1,3 millones de euros en obras en Santa Cristina en los últimos años ¿continuaran las mejoras?

» A oposición fala de Santa Cristina porque é o único que conoce de ir a tomar copas. Hai moitos sitios de Oleiros que necesitan inversión e que son prioritarios por ser servicios básicos que necesita a poboación. En Santa Cristina, o goberno que presido, ó longo dos anos leva invertido miles de millóns de pesetas: paseos, parques, prazas,servicios...

25. Sr. Seoane, ¿si vostede non acada a maioria suficiente para governanr volvera pactar co PSOE e BNG?

» Nós non pactamos con ninguén e menos con aqueles que pretenden a nosa destrucción. Os pactos con algún individuo sairíanlle carísimamente altos ós cidadáns.

26. ¿Qué opina de las oposiciones a personal del concello? ¿No le parece raro que los que consiguen la plaza vayan en las listas de alternativa (como el conserje del colegio de Santa Cruz)?

» Calquer cidadán é libre de presentarse ás eleccións nun país democrático.

27. ¿Qué opina de la propuesta del señor Cobian de hacer un túnel bajo la ría para comunicar Oleiros con Coruña?

» A Cobián nos últimos tempos interésalle moito facer a política dos topos: puedo prometer y prometo, o que nunca faría si estuvera no poder.

28. ¿Que solución le van a dar al traficco que hay en la rua do mar(carretera de mera a santa cruz por la costa?

» Que os cidadáns circulen pola vía principal que está totalmente vacía e que non é outra que a carretera que vai de Santa Cruz a Mera. A rúa do Mar é un vial secundario, de servicio ás comunidades asentadas nos seus laterales, e nunca vai ser unha vía rápida.

29. Buenos días. Publica hoy este periódico en su edición digital, que parte de la futura urbanización del campo de golf, está dentro de la zona de protección del castro. ¿Es cierta esta noticia, u otra mentira de un medio afín al PP para difamarlo?

» A urbanización do campo de golf cumpre estrictamente coa normativa do Plan Xeral.

30. Sr. Alcalde, se o PP acada en Oleiros mais votos que vostede, 9 ou 10 concellerios, ¿Permitiria vostede que gobernara en minoria o se uniria, a pesar das suas verbas nesta entrevista, o PSOE e BNG, para desvancalo?. Gracias pola súa resposta.

» Hai que esperar ás eleccións para saber os votos que ten cada un.

31. Vaia por diante que o meu voto será para o BNG, non para vostede. Pero quería preguntarlle: onte o candidato do PP negouse a responder varias preguntas sobre canto cobraba ao mes e sobre a compatibilidade entre ser promotor inmobiliario e responsábel político (ignoro se el o é, pero si algúns candidatos do PP en cidades). Que opina desta negativa a contestar? É de fiar un candidato que non quere dicir nin quen é?

» O señor Cobián e tódolos diputados que están no Parlamento deberan facer exame de conciencia e á marxe do soldo que teñen eliminar os altos emolumentos que obteñen por asistir a comisións, o que lles engorda o salario a fin de mes, nalgúns casos nunha proporción igual ó sueldo que perciben.

32. Sr. alcalde, ¿porqué en la radio municipal, que pagamos todos los vecino de oleiros, solo habla usted y no los demás partidos?

» Na radio municipal, é unha radio informativa, sin publicidade, e na que os membros da Corporación participan a través das canles previstas: pleno, etc. O alcalde, como tal, ten un espacio unha única vez á semana onde responde en directo ás demandas dos veciños.

33. ¿Para cuando un chiringuito o algo similar en la playa Espiñeiro de Mera? Echamos de menos el que había, pues era entrañable y daba mucho servicio. Por lo demás quiero felicitar al alcalde y a Alternativa por la gestión que llevan haciendo en Mera y en Oleiros.

» En Espiñeiro se ubicará un chiringuito temporal, non fixo, como o anterior, que houbo que expropiar e que de tempo en tempo íbase facendo con espacios costeiros de uso xeral e creando un chabolismo nas inmediacións dunha praia fermosa.

34. ¿Porqué en Oleiros no hay apenas cobertura de telefonía móvil si existe un plan de implantación aprobado por el Concello?

» Iso hai que preguntarllo ás compañías que dalgún modo están estafando ós usuarios por vender un producto do que non dispoñen. O plan de telefonía foi aprobado polo Concello, remitido á Xunta e aceptado polas empresas.

35. Cinco de sus concejales no repiten en su candidatura, todos de puestos significativos, como economía, obras públicas, urbanismo o servicios sociales. ¿Es una muestra del fracaso de su política? ¿O simplemente debemos entender que no estaban capacitadas para esos puestos?

» Os concelleiros que non repiten é por decisión propia e por tanto procede facer a renovación dos postos baleiros. A capacidade das persoas que neste caso non repiten está máis que demostrada na realidade dos servicios e equipamentos do municipio de Oleiros.

36. Alternativa presume de gente joven en su lista, sin embargo lleva el candidato a Alcalde de mayor edad ¿No cree que después de 30 años, debería retirarse y dejar paso a gente más joven?

» A un político, nun estado democrático, o ten que retirar a cidadanía. Hai algúns que sendo máis novos en edade son moito máis vellos en actividade e en ideas para dirixir o municipio.

37. Porque se dice que se obliga a la limpieza de fincas, principalmente urbanas y despues no se hace, como seria noraml, dando sensacion de abandono , a la vista esta a escasos metros de la Alacaldia

» Hai unha ordenanza que obriga á limpeza das fincas e por parte do Concello se fai cumprir. En casos excepcionais que non se teña coñecemento, deberán poñelo en coñecemento do Concello os veciños afectados. Quen ten que cortar é o veciño, non o Concello.

38. Estimado Gelo, somos usuarios de la plazya de Bastiagueiro y sus entornos, muchas veces no cruzamos y saludamos, ¿por qué tú desinterés y casi diríamos desprecio, por los usuarios de esta playa, por cierto la mayoría residentes en el municipio. Nos referemios a usuarios de todo el año, que cuando llueve, lo más frecuente, no tenemos la más mínima protección ni ningún otros servicio. Es de cometnario general que los qaue más le gustaría a Gelo es que nadie de A Coruña pisase "su playa", Bastiagueiro para los de Oleiros. Los de A Coruña no nos atrevemos a solicitar que los centros hospitalarios de A Coruña sean solamente para los residnetes en la ciudad de Acoruña. Queremos que te pronuncies antes de las votaciones. Saludos y ya no s cruzaremos por el paseo martítimo.

» A praia de Bastiagueiro é unha das máis coidadas da comarca e existen instalacións municipais para a actividade do surf, piragüismo, kayak, bodyboard... onde un se pode duchar en calquera época do ano ou gardar o seu material. Os que fan deporte por libre e non queren acceder a estes servicios non se poden queixar. De todos modos, segue existindo durante todo o ano fontes de auga potable ó longo da praia que se usan por moitos usuarios non só para beber senón para asearse e limpar o material que utilizan.

39. Escuchando a los grupos de la oposición parece que los vecinos de Oleiros non tenemos ningún derecho ni pagamos impuestos. Segun el PSOE, la piscina y otras obras las hizo Zapatero, el PP dice que es Feijoo el que hace las obras en Oleiros. ¿Se creen que somos tontos o que?. La obras las pagamos los veciños con nuestros impuestos y, parece ser que a Oleiros llega menos dinero de otras administraciones del que nos corresponde.

» As obras no concello de Oleiros son todas de iniciativa do Goberno local, de proxectos que nacen no seo da Casa Consistorial e que se financian cos recursos municipales que lle pertencen ó Concello no reparto que fan as administracións do Estado, da comunidade autónoma ou da Diputación, e que non son de Zapatero, nin de Feijóo nin de Salvador. Proba delo é que o PP non para de difamar o plan Zapatero porque todo o que se fixo en España, ó parecer, foron aceras. En Oleiros, cos proxectos que tiñamos, fixemos naves para empresasa, piscinas climatizadas, escola de danza e outras moitas infraestructuras de iniciativa do goberno que presido. A decisión de inversión a ten o goberno municipal, non Zapatero nin FEijóo. Xa lles gustaría.

40. No confío en la Xunta, no confío en Cobián después de sus mentiras sobre el PXOM, ¿Llegará el Colegio a Nós?

» Sí haberá colexio en Nós. Polas boas ou polas malas.

41. Levo 11 anos vivindo en Santa Cruz e dende aquela falase da rotonda. ¿Para cando?.

» A rotonda está sen facer a pesar de ter presentado o proxecto o goberno municipal, dado que existe un interese privado nunha parcela pública como é o caso da gasolinera de Santa Cruz, que se vería afectada. Hai que preguntarlle ó do PSOE de Oleiros cal foi a razón para que nos catro anos que estuveron no goberno non se fixera a rotonda, unha das necesidades a resolver máis importantes na carretera da costa.

42. Grazas pola resposta sobre Cobián, quixera que fose transparente e contestase á mesma pregunta que el non quixo responder: canto cobra vostede ao mes? Ten ou tivo algunha actividade privada no ámbito da promoción urbanística? Cousa que é totalmente legal, pero quero sabelo. Grazas.

» 436.000 pesetas, das cales 120.000 se me queda Hacienda con elas cada mes.

Sinto non responder a todas as preguntas pero o tempo non mo permite. Espero ter clarexado os temas prantexados.

es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de  . Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Publicaciones del grupo
Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad