1. no le parece una burla la huelga
» A folga convocada por tódalas centrais sindicais con representación no ensino público ten toda a validez desde o punto de vista de que é unha das poucas posibilidaes que temos os docentes de facer pública as nosas voces ante a falla de diálogo por parte da Consellería de Educación.
2. buenos dias, ante la iniciativa de otras comunidades de secundar la huelga, el profesorado del Colego que medidas va a tomar, tanto en infantil como en primaria?. Muchas gracias
» A decisión de participar nunha folga é un dereito individual de todo traballador, se ben a menor o maior asistencia pode incidir de xeito importante na organización do noso centro escolar. A día de hoxe non existe un posicionamento dos docentes ao respecto.
3. ¿Por qué es necesario para los niños de 3 años que proceden ya de guarderias un periodo de adeptación tan largo? En los tiempos que corren hay que tener en cuenta que los padres no pueden disponer de 15 días libres para tal fin. Debería de estudiarse este tema y abreviar ese periodo de adaptación. Mucahs gracias.
» Se ben é certo de que moito do alumnado procede de garederías, tamén é importante sinalar que o profesorado destes niveis educativos recibe no primeiro día lectiva a un total de 25 alumnos/as descoñecidos/as e debe ter a posibilidade de ir analizando as casuísticas que presenta cada un deles a nivel individual e colectivamente. Esto únicamente pode ser en pequenos grupos para obter resultados significativos. As familias deben ter medidas laborais que permitan a conciliación da vida familiar pero non a costa de desfacerse dos seus fillos no colexio sen máis.
4. ¿Tienen derecho a quejarse los profesores que tienen mas de cuatro meses de vacaciones al año en la situacion de crisis que estamos?
» Na miña opinión o dereito a manifestar as súas opinións os docentes en relación ás modificacións horarias que influirán do desenvolvemento de multitude de proxectos que se levan a cabo nos colexio non é ´unha irresponsabilidade ante a crise actual, senón o contrario. trátase de defender o ensino público fronte a outras opcións educativas existentes. Os períodos vacacionais veñen dados polos tempos de descanso do alumnado e oficialmente todo profesor dispón de 1 mes de vacacións. O resto do tempo corresponde a tempos a dispoción da Admón.
5. ¿Cree usted que es posible mantener el "nivel de eficacia" en el profesorado gallego con el previsible recorte presupuestario en Educación que se avecina?...o dicho también de otra manera, con el aumento del número de horas lectivas de éste?. ¿Piensa usted que se debería recortar presupuesto a dos pilares básicos de la sociedad como son la educación y la sanidad?...Por contra no sería tal vez más útil mantener el nivel de inversión en los mismos y exigir un mayor grado de formación y excelencia a los profesionales de estos dos sectores. Muchísimas gracias. Chomsky
» O feioto de incrementar as sesións lectivas dos docentes non vai a supor en absoluto a mellora da calidade do ensino. O alumnado xa permanecía 25 horas lectivas e con esta nova xornada laboral dos docentes non muda a súa situación real. O recorte presupostario xa está afectando aos centros docentes. Actualmente tódalas baixas médicas d eprofesaro vixentes están pendentes de se cubrir por parte da Admón. o cal está supoñendo que o comezo de curso non están tosdos os mestres non tempo de organización do cuirso escolar.
Creo que os recortes en sanidade e educación afectarán a unha parte da poboación moi importante porque o ensinompúblico e a sanidade pública están sen do mermados dos recursos necesarios para a boa práctica profesional de médicos e docentes.
6. Porque la escuela privada y concertada tienen mayores indices de aprobados en la selectividad que los centros publicos. ¿Es ello admisible? o la constatacion que los centros publicos tienen un deficit de atencion a los alumnos.
» Na escola pública están todos os tipos de niveis sociasi e na privada e concertada non. Os resultados varian en función da tipoloxía do alumnado.
7. Para mi el reto del profesorado son tres etapas. 1º conseguir trabajo, si es en la administraccion mejor. 2º Conseguir que ese trabajo sea estable. (los que consiguen entrar en la administraccion ya lo tienen sin mas) y 3º Cobrar cuanto mas mejor. Y mi pregunta ¿porque no se le va a exiguir a profesorado resultados? Y resultados tiene que ser alumnos bien preparados.
» Estou totalmente de acordo con vostede que deben existir controles que verifiquen se os medios e recursos empregados producen os resultados esperados. Pero entón na análise deben entrar tódolos compoñentes que inciden no funcionamento dun centro educativo.
Actualmente a reducción de investimento nos centros públicos está a producir grandes desigualdades nos resultados en comparación con outros tipos de centros. Todo o profesorado dun centro público accede despois de superar un concurso-oposición no que o nivel de exisencia para aprobar está precisando de resultados de 9 e 10 en tanto nun centro concertado accédes sen realización de probas de aptitude. O mellor profesorado está no ensino público. Tamén está unha parte do mesmo moi desmotivado polos ataques directos que se fan a nivel mediático en tanto que a valoración dos centros concertados sempre é favorable.
8. La mayor parte de los profesores se quejan del poco respeto que los alumnos y padres tienen de los profesores. ¿Nunca se han preguntado el porqué?. ¿Cuál cree que es la causa del fracaso escolar y de que siempre seamos los últimpo en el informe PISA?. Piensen un poco en los horarios lectivos de los Paises civilizados (los primeros del informe PISA) y sobretodo de las vacaciones de esos jóvenes estudiantes, no creo que en Finlandia, Noruega, etc.. estudiantes y profesores disfruten de más de 3 meses de vacaciones al año. Creo que se dignificaría su importantísima profesión si tuvieran los mismos derechos y obligaciones que todos los demás. Gracias
» A distribución lectiva dos periodos de clase e de vacións corréspondelle ás administracións educativas e sempre se fai en función das características da poboación española e do propio país. Nos países nórdicos os tempos de descanso tamén existen pero posiblemente tamén estean condicionados ao tipo de habitante e de país no que viven. A influencia dos periodos de clase e de descanso fan que o alumnado teña máis o menos disposición para aprender, por este motivo deben ser secuenciados .
A dignifaicación da nosa profesión non depende de máis o menos vacacións, máis ben depende do respeto e a da confianza da sociedade cara os profesionais do ensino. As autoridades políticas debería coidar e incluso mimar aos traballadores e non menosprecialos ante a sociedade. Hai anos a imaxe dun mestre era respetada por toda colectividade e agora é todo o contrario. Sevimos para todo pero non temos os mesmos dereitos.
9. Gostaríame saber si dende a Consellería diron algún prazo para o escomenzo da obra de ampliación do colexio.
» A información que na actualidae temos sobre a ampliación do centro é a que se fixo pública nos medios de comunicación. Oficialmente seguemos a espera de ser convocados pola Xefatura Territorial de Educación para coñecer a redacción do proxecto e asúa ubicación. Se ben, como director, teño plena confianza en que os prazos previstos estanse a cumplir e no mes de setembro se proceda á licitación do proxecto de execución.
10. Cuándo estará lista la ampliación del centro?
» Se a admón. cumple o prometido a obra debería iniciarse no ano 2012 e estaría en condicións de uso no mes de xaneiro do 2013.
11. ¿Dime tres cosas que cambiarías ya en el sistema educativo actual?
» 1. As ratios de alumnado por profesorado. Menos alumnos/as por cada docente permite desdobres e atención individualizada con mellores resultados académicos e persoais.
2. Maior investimento na mellora das edificacións, nalgúns casos obsoletas, para as realidades sociais.
3. Impulsar positivamente a imaxe dos docentes ante a sociedade, recoñecéndolles o seu labor amparado na súa boa cualificación profesional, no apego ao traballo diario e na comunicación coa comunidade educativa na que traballa.
Se os docentes realizamos o noso traballo con ledicia por estar ben considerados socialmente de seguro que todos sairiamos beneficiados.
12. no te parece que la educación funciona con un modelo de hace 40 años (pese a las diferentes reformas) y que hay que darle un giro de 180 grados
» Estou dacordo que o sistema educativo conserva moitos dos modelos de tempos anteriores. Os cambios lexilsativos no papel non teñen un cambio inmediato nas aulas. Os continuos cambios en lexislacións antes de analizar resultados está a producir que o máis estable era o que se fai antes. Por este motivo a educación debería ter un tempo suficiente de acomodo ás realidades sociais e dos tempos que vivimos pero confiando no que se fai na escola e non mudadndo cada pouco tempo as regras de xogo.
13. Hay muchos frofesores sin hubicación ,que les llamen a ellos para trabajar, ellos aceptan,y los que hacen la huelga rápido la abandonan,creo que se puede luchar por los derechos de cada uno incluso trabajando,¿no cree?
» Todo traballador pode defender os seus dereitos igualmente traballando, pero tamén é necesario que a sociedade escoite as nosas voces porque o que sucede entre as paredes dun centro escolar é moito máis que cumpli un horario e gardar e custodiar ao alumnado. Hai proxectos moi válidos que poñen ao alumnado en situacións reais permitindo que a vida exterior penetre nas aulas. E que o alumnado saia do centro para vivir outras situacións. Todo vale se somos escoitados.
14. Porque non aplicamos modelos educativos que xa funcionan noutros países. Porque sempre queremos inventar a pólvora e non copiamos simplemente os modelos que xa estan funcinando? Eso beneficiaria a todos profesores, alumnos e pais.
Un saúdo
» Na educación non pode simplemente facerse cun COPIO e PEGO como se fode un texto ounha imaxe se tratara. Cada centro ten unha personalidade propia e por eso precisa un plan adaptado que non é igual que o que usa o centro do lado.
15. E de qué se queixan Vds. habendo tanto paro, é tanta fame en Africa ??????
» Simplemente nos queixamos de que unha dmón. educativa cambia as regras do xogo unilateralmente sen permitir diálogo entre as partes. O que se agocha detrás destes cambios non se ve nos medios de comunicación pero sí aparece cada día nos centros educativos. Menos recursos para facer mellor o traballo diario. Canto menos persoal especializado haxa peores resultados se obterán. Polo tanto precísase investimento para recursos humanops e materiais
16. Que opina vostede do futuro que nos espera? Con estas tasa de fracaso escolar (queiramos ou non esta xente e o futuro do pais das pensións e do sistema tal e como o coñecemos). Cree que Eduard Punset ten razón cando afirma que hay que remodelar o sistema de enseñanza?
» Seguramente o Sr. Punset está acertado no seu discurso, pero para a resolución do fracaso escolar non se pode culpabilizar únicamente á escola. Todos debemos reflexionar sobre o odelo social que existe.
17. Cales son exacatamente as propostas que fixeron que convocarades a folga?
» A decisión unilateral da Consellería de Educación de anular o acordo acadado no ano 2007 que permitia igualar as condicións laborais dos mestres de infantil e primaria co profesorado de secundaria, para que o desenvolvemento e dinamización dos proxectos nos centros deran máis tempo de organización e deseño dos mesmos, quedou anulado.
O continuo ataque mediático que se fai por parte das autoridades educativas sobre os excelentes profesionais que forman os centros de ensino público deformando as realidades profesionais de todos nós, provocan que digamos que basta xa.
Por outra parte o recorte encuberto de plantillas, a eliminación de unidades nas zonas rurais, e o investimento transferido aos centros educativos concertados para a contratación de profesionais para a tención de alumnado con necesidades educativas especias, como por exemplo: coidadores, fisioterapeutas, logopedas.. en tanto no emnsino público non os hai, causa unha abulía por parte do docentes ante todo esto.
Se o obxectivo é crear un clima crispado no ensino público para favorecer á imaxe dos outros centros, seguro que xa o teñen conseguido. Porque os docentes defendemos o noso traballo paero non a cosgta de sacrificar a calidade do noso traballo diario
18. Porque en A Coruña existen tantos colegios concertados (que segun mi punto de vista son encubrimientos de empresas privadas) No cree que la enseñanaza tiene que ser publica y para todos sin mirar los niveles sociales?
» Os concertos educativos supóñenlle ás autoridades educativas un importante aforro en novas construcións. Se a rede pública medrara en condicións iguais de traballo que nos centros concertados de seguro que o fracaso escolar diminuiría notablemente.
19. Estamos pagando el pato de tener un gobierno autonómico con mayoría avsoluta no necesitan dialogar ya tienen la votación de las leyes ganada de antemano. No solo pasa con la admonpasa con todo. VIVA LA DEMOCRACIA...
» Creo que non é positivo que exista esa maioría absoluta para calquera situación de resolución de problemas. O diálogo entre as partes debe valorarse en función do que aporta cada unaha delas. Na actualidade non se están empregando os sistemas democráticos de relación entre a dministración e os adminitrados. Os órganos de diálogo entre as partes non poden ser meramente consultivos (xuntas autonómicas de directores, consellos escolares municipais, consellos escolares de centros públicos), senón que deben ter máisd peso na hora de tomar decisións polas autoridades educativas.
20. ¿Pensa vostede que parte da culpa do fracaso escolar reside nos pais que ven a escola como o lugar onde deixar ós nenos mentras eles van traballar?
» O fracaso escolar non ten culpables senón que ten causas variadas para que esto suceda. ë cderto que hoxe en día existe unha tendencia dalgunhas familias de "aparcar" os seus fillos nas diferentes institucións. As familias deben asumir a súa parte da educación dos seus fillos porque actualmente están aparecendo grandes lagoas de carencias afectivas que a escola non pode nin debe dar. Este feito inflúe tamén no fracaso escolar. O alumnadonecesita trasladar as opinóns tamén na casa e non só reclamar ante o profesorado o ciumplimento dos seus desexos. Unha sociedade que non coide do seus nenos e nenas estará abocada non só ao fracaso escolar senón tamén ao fracaso social.
21. ¿ Non cre vostede que nesta defensa do profesorado, con praza ou interino, deberíase de solicitar que nos centros concertados ( onde parte dos seus presupostos son con diñerio público) se aplicara a lista de interinos en vez de que os profesores sexan postos a dedo?
» Estou dacordo con vostede de que o sistema de contratación debería ser por igual independentemente de se o centro é público ou concertado.
Agradezo a oportunidade que me brindou este xornal para facer públicas as miñas opinións como docente nos tempos dificiles de inicio do curso escolar 2011-2012.
A pesares das dificultades que temos na escola pública e as que poidan aparecer seguirei traballando pola dignificación da profesión docente, e fundamentalmente do ensino público de calidade. Gracias.