ENTREVISTA-CHAT     ENTREVISTA-XAT     LIVE-CHAT
   Francisco Jorquera, candidato del BNG al Congreso de A Coruña
Miércoles, 02 de noviembre de 2011 a las 10:00h.
Dimecres, 02 de novembre de 2011 a les 10:00h.
Mittwoch, 02. November 2011 um 10:00 Uhr

Francisco Jorquera, candidato del BNG al Congreso de A Coruña

Llegan las elecciones generales y laopinioncoruna.es te ofrece una serie de encuentros digitales con los candidatos de los principales partidos que se presentan al congreso de A Coruña

Francisco Jorquera, candidato del BNG al Congreso de A Coruña

1. qe pensa facer nestes 4 anos no parlamento?

» Seguir sendo útil para asegurar que os intereses e problemas que atinxan a Galiza teñan reflexo na política estatal e traballar a prol dun cambio de políticas que favorezan unha saída social e xusta á crise.

2. No programa do BNG levan vostedes a creación dunha Banca Pública, podería concretar a que se refiren con isto?

» Convertir o ICO nun banco público con rede comercial prorpria que atenda a autónomos, pemes e emprendedores, cambiar a normativa estatal para impedir a venda á prezo de saldo de NCG-Banco e transformalo nun banco público galego que asegure que o aforro dos galegos se invista no país.

3. votaria el BNG una modifiacion de la ley hipotecaria,para cambiar el negocio seguro de la banca,pues nunca arriesgan nada? esta a favor de maximo 8 años en cargo publico para los politicos?

» Si. Xa propuxemos nesta lexislatura unha modificación en profundidade da lei hipotecaria que contemplase a dación en pago, pero foi rexeitada polo PP e PSOE. No BNG xa rexe a norma dun máximo de tres mandatos.

4. O outro día saia na prensa a defensa do seu partido do tren de cercanias, ¿pensa que esta medida axudaria a que non houbese tantos atascos na Coruña?

» Por suposto. Apostar polo tren de cercanías é apostar por un modo de transporte colectivo, ecolóxico e barato. É fundamental para resolver os nosos problemas de mobilidade.

5. Ten previsto algunha medida concreta o BNG para dotar de calidade a democracia?

» Unha reforma da lei eleitoral que estabeleza unha proporcionalidade directa entre votos e escanos, unha lei de consultas populares que contemple que asuntos non poden ser aprobados sen a convocatoria de referendo, o impulso das iniciativas lexislativas populares.

6. ¿Podería explicarnos as medidas que propoñen para acabar co paro e para mellorar a economía?

» Acabar coas políticas de recortes que só agravan a crise, xeran máis paro e son inxustas no reparto dos custes da crise. Impulsar o investimento social e productivo e promover a economía verde e acometer unha reforma fiscal integral para financiar estas políticas, esixindo un maior esforzo aos ricos e ás grandes fortunas.

7. Por qué o BNG deixou o nacionalismo pra convertirse a esquerda progresita de Zapatero? Por qué non meten nas listas a Magdalna Alvarez que tanto defenderon?

» O BNG sempre conciliou nacionalismo e esquerda,como demostramos ao longo da lexislatura sendo a voz que defendeu os intereses de Galiza e propoñendo un cambio nas políticas a favor das maiorias sociais. As políticas de ZP no económico foron claramente de dereitas como denunciou o BNG. Quen ten que decidir se mete nas listas a Magdalena Álvarez, coa que sempre fomos crítiicos, é o PSOE.

8. Jorquera vostede xa é muy conocido pero poderia decirnos algo dos seus compañeiros de lista a congreso e senado para que nos fagamos unha idea e porque votalos.

» Creo que son listas conformadas por persoas preparadas, comprometidas con Galiza e coa sociedade . Persoas cercanas e con ilusión para traballar arreo no Congreso e no Senado.

9. ¿Que pensan da seguridade viaria da N-VI? eu vivo mismo nela e a mayores deso cada vez dame máis medo con tanto carril, tanta ampliación, pareceme que as reformas que lle fan pensan solo nos coches pero non nos peatóns

» É unha asignatura pendente moi importante. Non se pode aforrar en seguridade. O BNG ten apresentado múltiples iniciativas a este respeito e sen ir máis lonxe na vindeira semana temos programada unha marcha para reclamar solucións definitivas a este grave problema.

10. Unha pregunta que creo que resumiria todo ¿digamos porque deberiamos votar bng nestas eleccións?

» Para que os intereses de Galiza sexan tidos en conta na política estatal e propiciar un cambio real de esquerdas. É hora xa de que a prioridade nas políticas públicas sexan os cidadáns e non os mercados.

11. Cales son as propostas do BNG para aumentar ingresos no Estado e para reducir os gastos?

» Unha reforma fiscal que equipare a presión fiscal sobre ás rendas altas á dos paises socialmente máis avanzados e combatir o fraude fiscal. En políticas de aforrro, reducir drasticamente o gasto militar e simplificar a estructura administrativa con medidas como a supresión das deputacións.

12. O PP inclúe no seu programa unha defensa explícita das touradas, cal vai a ser a posición do BNG no Congreso sobre este tema?

» Estamos en contra das touradas en Galiza e sobre todo esiximos que non se financien con recursos públicos, cómo de xeito escandaloso está acontecendo.

13. Según escuché a un senador del BNG el otro dia:" el Senado no vale absolutamente para nada, ni ahí se hace nada y en las diputaciones lo mismo o menos" opinión con la que sintonizamos una inmensa mayoría de los ciudadanos ¿Que piensa hacer su partido con todas estas instituciones "sanguijuela" que para lo único que sirven es para gastar el dinero de los contribuyentes, dinero que nos cuesta mucho ganar y que parece que no entienden uds. los políticos y así están calificados como están como tercera preocupación de los ciudadanos por delante del terrorismo ¿No les da vergüenza?

» Sempre propuxemos a supresión das deputacións pero até agoro non foi posíbel pola oposición do PP e do PSOE. No que se refire ao Senado, ou se reforma para convertilo nunha verdadeira cámara de representación territorial ou se suprime. Até agora o PP e PSOE decian que non era posible pois requería reforma da Constitución, pero xa vimos que a Constitución se pode reformar se hai vontade política.

14. ¿No son vds. corresponsables del paro por su apoyo a zapatero?.

» Nesta lexislatura non apoiamos a investidura de ZP e votamos en contra de todas as súas medidas económicas. O corresponsable é o PP que pactou os grandes temas (como as axudas á banca, a eliminación das caixas ou a última reforma laboral e a reforma da Constitución) co PSOE.

15. por favor, sea sincero: cree que el pp va a ganar las elecciones?

» Creo que si pero é moi importante que non obteña maioría absoluta para evitar que ás suas politicas sexan de dereita extrema. Apoiar ao BNG é util, non só para defender a Galiza e un cambio real de política, tamén o é para evitar a maioría absoluta do PP e apostar por unha forza que sí que vai facer unha oposición real.

16. Que opinión le merece gente como Callon intimidando a comerciantes y funcionarios para que hablasen hipoteticamente gallego. ¿Pondrian Vds. multas a quienes se expresen en Español en Galicia? ¿si no hablamos gallego no somos gallegos?

» O BNG defende políticas de promoción positiva do galego que corrixan a desigualdade da que parte o galego froito de séculos de políticas de imposición do castelán. En Galiza os que padeden acotio situacións de exclusión polo uso do idioma son os galegofalantes. Para min, e para o BNG, son galegos todas as persoas nacidas ou con residencia en Galiza, falen galego ou castelán. Miña nai fala castelán e non dubido da súa galeguidade.

17. Aznar dixo q falaba catalan cando tiña o apoio de ciu. O bng estaria disposto a apoiar a rajoy para q asistiramos a milagre d velo falar na sua lingua? Gracias.

» Rajoy aínda que é galego non fala galego nin na intimidade. É evidente que o PP e o BNG teñen propostas moi distintas que non fan posíbel ese acordo.

18. Piensa Ud. que esta situación tiene solución? cree Ud que España debería estudiar la posibilidad de salir del Euro? que consecuencias podría traernos esta decisión?

» O BNG advertiu no seu momento dos perigos dunha moeda única en países con economías e graos de desenvolvemento moi diferentes. Unha vez dentro do Euro o prioritario para atopar solucións que non conleven uns custes sociais brutais é revisar de raiz o papel do Banco Central Europeo para que estea ao servizo das polticas públicas e non dos bancos e darlle unha orientación totalmente distinta ás politicas económicas da UE.

19. Por qué non temos caixas de aforros e agora hai un banco que non se sabe de quen é nen canto vale nen nada de nada?

» Porque o PP e o PSOE apostaron por un modelo que levou a esta situación: concentrar aínda máis o sector financeiro e bancarizar e privatizar as caixas para vendelas a prezo de saldo. O BNG ten propostas para evitar esta situación e converter NCG Banco nun banco público galego. É vital se non queremos que se acabe expoliando o noso aforro.

20. Nas ultimas datas, plantease a posibilidade dunha evolución no sistema electoral do noso país, de España, facendo unha reestructuración da asignación de escanos e tendo as forzas politicas que acadar tanto por cento minimo de votos dentro de todo o territorio. Se ese cambio se levase acabo, as chamadas forzas políticas minoritarias se verian perxudicadas e en moitos casos non terían representacion parlamentaria, ¿Cal é a súa opinión ao respeto deste posible cambio?

» O actual sistema eleitoral privilexia a PSOE e PP que teñen unha porcentaxe de escanos superior a súa porcentaxe de voto. Aínda así non lles chega e as súas propostas conducen á imposición dun bipartidismo total que degradaría ainda máis a democracia. Nós propomos suprimir a Lei D,Hont para que o reparto de escanos sexa por un sistema proporcional puro e sustituir a circunscripción provincial pola autonómica, algo que tamén favoreceríia que o pluralismo teña un mellor reflexo.

21. Sr. Jorquera, que opinion lle merece a reacción de Merkel e Sarkozy ao anuncio dun referendun en Grecia sobre as medidas do plan de axuste?

» Creo que é increible que unha consulta popular, que a sociedade sexa quen decida, provoque estas reaccións, cando a xente na rúa precisamente está pedindo democracia real e que os cargos públicos repesenten aos cidadáns e non aos mercados. O sometemento ás continuas chantaxes dos mercados está a acabar coa democracia e co Estado do benestar.

22. Ola, que propostas ten o BNG en canto á optimizar recursos das administracións?

» Suprimir as deputacións provinciais, fomentar a cooperación municipal, eliminar ministerios para adecualos ao mapa competencial, suprimir a administración periférica do Estado asumindo as comunidades autónomas e execución no seu territorio das competencias estatais.

23. Sr. Jorquera:¿No es decepcionante que el BNG no reciba mas votos,cuando son sus diputados en el parlamento de Madrid los mas activos y los que mas defienden los intereses de Galicia (en comparacion con los diputados gallegos del PP y PSOE). Incluso la mayoria de sus propuestas por el bien de Galicia son rechazadas por dichos diputados casi siempre obedeciendo ordenes de sus dirigentes de Madrid.

» Nas pasadas eleccións xerais votaronnos máis de 200000 persoas o que equivale, practcamente, a toda a poboación da cidade da Coruña. De feito cun sistema eleitoral proporcional con eses votos teriamos máis deputados. Non obstante espero que ese traballo intenso e rigoroso desenvolvido ao longo de toda a lexislatura permita que o 20 N teñamos máis apoio.

24. ¿qué le parecen las declaraciones de los catalanes contra el ave gallego?

» Se se refire ás manifestacións dalgúns políticos cataláns (que por certo coincide tamén cos comentarios de certa prensa madrileña) parécenme totalmente criticabeis como por certo así lle lo manifestamos en público e en privado. Galiza ten o mesmo dereito a ter AVE que Catalunya.

25. Son veciño de Sada e aqui nos últimos anos gracias as súas xestións arreglaron a capilla de san roque como local cultural e había uns cartos para obras de humanización no barrio de pose ¿vai seguir vostede nesta linea de solicitar do estado este tipo de inversións que me parecen interesantes?

» Por suposto. Ademáis estas actuacións contribúen a dinamizar a economía nas vilas, algo moi importante en tempos de crise.

26. ¿que medidas se poden tomar para romper o aislamento ferroviario de Ferrolterra? ¿como se pode facer forza?

» Levamos anos demandando que o eixo atlántico se prolongue de Coruña a Ferrol para mellorar as conexións ferroviarias de Ferrol con Coruña e o resto das cidades do eixo, implantar servizos de proximidade e facer posibel que o AVE no futuro chegue tamén a Ferrrol. Sería bón para conseguilo dotar ao BNG de máis forza e que a socieade faga ouvir tamén a súa voz.

27. Sr Jorquera...Que opinión lle merecen "as explicacións" de Negreira no chivatazo poñendo en aviso ao conselliero imputado polo regalo do porsche? Grazas

» creo que é imprescindibel que o PP de explicacións no Parlamento galego.

28. neste últimos anos chegaron a acordos co PSOE para incluír partidas nos PXE destinadas á recuperación da Ría do Burgo, mais seguimos a ver continuas agresións á mesma e que as administracións en vez de resolver o problema, andan a tirarse as culpas unhas a outras. Que opinión lle merece?

» É escandaloso ese xogo de pasarse uns a outros a pelota. Goberno Central e Xunta teñen que sentarse, pactar un calendario de actuacións urxente e coordenar actuacións para rematar con esta vergoña.

Moitas grazas pola vosa participación. Creo que mellorar a calidade da democracia esixe tamén do diálogo directo entre os responsabeis políticos e os cidadáns como fixemos neste chat. Ao voso dispór e até outra.

es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de  . Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Publicaciones del grupo
Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad