Mariluz Canal, candidata de EU-Os Verdes al Congreso de los Diputados por A Coruña
1. En primer lugar enhorabuena por ser cabeza de lista y mujer por la provincia de A Coruña por la formación política Esquerda Unida Os Verdes y en segundo lugar ¿qué medidas urgentes va a proponer tu grupo en el Congreso de los Diputados para incorporar a los jóvenes al mundo laboral?
» Grazas, nin PP, nin PSOE, nin BNG confian nunha muller para encabezar as candidaturas en Galiza, a nosa formación leva a igualdade como bandeira.
O emprego xuvenil ocupa o centro das nosas políticas económicas, con especial incidencia no emprego verde e social. Propoñemos reducir a xornada de traballo a 35 h. para que máis persoas xóvenes accedan ao mercado laboral, tamen propoñemos subvencións para os empresarios que contraten a mociadade.
2. saldra algun diputado por iu despuues de todo esto?la gente votara a cayo lara?
» Por suposto, as enquisas dannos unha orquilla de 8-11 deputados. Ademais segundo os datos do CIS hai un 5,6% de cidadans que aseguran que votaran pero dudan en facelo entre PSOE e Esquerda Unida - Os Verdes. Somos a única forza democrática que representa a verdadeira esquerda e estamos seguros de que saquermos ainda mais. Na Coruña, ao igual que nas municipais, daremos a sorpresa obtendo representación.
3. Enhorabuena por el programa y en particular en política fiscal pero me queda una duda ¿No sería más interesante mantener los tres tipos actuales de IVA para buscar la homegeneidad con la UE y el IVA propuesto sobre bienes de lujo derivarlo a un impuesto especial añadido? Gracias y mis mayores deseos de éxito el 20N
» Grazas polo teu apoio e por coñecer as nosas propostas, necesitamos moitos coma ti... A posibilidade que suxeres é interesante, pero semella moito máis consistente e coherente dende o punto de vista fiscal manter os bens de luxo baixo o mesmo imposto (IVE).
4. Animo guapa, hay que subir en votos. El primer peldaño ya lo pasamos con éxito. Quedan cuatro años para seguir creciendo y dar la campanada.
» Moitísimas grazas, o éxito é de todos
5. ¿Cómo se plantea una campaña electoral sabiendo que un porcentaje enorme de los votos se los llevarán el PPSOE independientemente de lo que hagan? ¿No resulta frustrante?
» Non, para nada!! Estamos cheos de entusiamos, somoso conscientes do bipartidismo pero loitamos para crecer pois cantos máis sexamos máis doado será cambiar esta sociedade. l
6. cal é a súa opinión sobre o senado e as deputacións
» O Senado está falto de contido, debería cumprir a súa función constitucional como organo territorial ocupándose dos problemas autonómicos e non convertirse nunha xubilación de luxo para moitos que viven da política, e dicir dos importos de todos e todas.
En canto as deptuacións, existe duplicación de funcións con outros entes públicos, dende que se crearon as autonomías non ten sentido. Sobran todos os deputados e presidentes das deputacións provinciais. Nos propoñemos unha reorganización das entidades locais para que os Concellos reciban máis financiamento e así podan desenvolver máis servizos a cidadanía.
7. ¿Qué piensa ustede los planes de "rescate" que se aprueban en Bruselas? ¿Realmente cree que podemos negarnos a cumplirlos? ¿Cree que debemos seguir en el Euro?
» Nos plans de rescate deben contar coa cidadanía, non deben primar os intereses dos mercados, dos especuladores finaceiros e so os intereses económicos de Francia e Alemania. A UE debe ser máis forte e cohesionada edebe artellar mecanismos para solventar os problemas económicos sen afogar aos cidadans. A economía debe estar ao servizo da cidadanía, non os cidadans ao sevirzo dos mercados.
8. ¿Qué opina de la Xunta construya hospitales que se podrían hacer por 400 millones de euros, los estemos pagando treinta años y el coste final sea de 1.500 millones?
» Paréceme fatal, estamos totalmente en contra da privatización dos servizos á cidadanía. Estamos a favor que os servizos públicos se financien integramente con diñeiro público. Estas medidas desenvolvidadas pola Xunta demostra que o PP ten toda a intención de privatizar os servizos públicos inda que non o diga expresamente o Sr. Rajoy.
9. ¿Cuál es su opinión en lo que se refiere a tener una economía basada en la especulación y el ladrillo?
» Nos pensamos que este modelo posto en práctica tanto polo PP como polo PSOE á a causa principal da crise que está vivindo o noso país e a consecuencia das escandalosas crifas de desemprego. Apostamos por un cambio do modelo produtivo máis sustentábel e menos dependente do petroleo. Un modelo baseado en servizos sociais e economía verde en lugar da especulación sen control do Estado.
10. Quiero enviarle un beso a Mariluz, no una pregunta, y se lo quiero mandar como un veterano trabajador de los juzgados, con el mejor de los deseos para ella, tanto a nivel personal como organizativo ¡Mucho ánimo, compañera! (y gracias por echarle el valor que le echas).
» Moitísimas grazas compañeiro, porque hai moitos coma ti por esto metínme neste maravilloso proxecto. Todos e todas co noso entusiamo e esforzo imos a conseguir transformar esta sociedade, nesto estamos e nesto estaremos sempre xuntos.
11. Con 5 millones de desempleados, ¿qué propone su formación política para crear puestos de trabajo?
» Desenvolvimos un plan, real e concreto, de creación de emprego que nos permitiría crear 3 millóns de postos de traballo:
- Programas sociais para garrantir o cumprimento da Lei de dependencia e mellora da sanidade e a educación que crearía 270.000 empregos.
- Redución por Lei a xornada de traballo a 35 h. que permitiría crear 400.000 empregos.
- Programa de empregos verdes: explotación e mantemento de superficie forestal e potenciación da agricultura e gandería ecolóxica. 420.00 empregos.
- Programa de rehabilitación de vivendas: 4000.000
- Programa de inversión en infraestruturas de proximidade: 240.000
- Programa de formación emprego para parados sen prestacións en colaboración cos Concellos: 600.000
O custe do plan estímase en 40.000 millóns de euros.
E o financiaríamos mediante unha reforma fiscal progresiva para que paguen máis os que máis teñen:
- Eliminar as ventaxas fiscais dos Deputados e outros cargos públicos.
- Imposto especial sobre movimentos de capital en paraisos fiscais.
- Imposto as grandes fortunas
- Que coticen igual as rendas do capital que as de traballo (agora cotizan máis os traballos que ter accións)
- Supresión da exención do IBI a igrexia
- Perseguir o fraude fiscal.
- Loitar contra a economía mergullada
- Incrementar o tramo impositivo do IRPF dos que máis cobran: de 60.000- 120.000 ata o 45% e máis de 120.000 € 50%.
- Subir 5 puntos o imposto de sociedades para as grandes empresas (con beneficios superiores a 1 millón de € e facturación de 45 millóns de €).
Con estas medidas consiguese máis do custo do plan de creación de 3 millóns de empregos que antes comentábamos, ademais hai que ter en conta que por cada 1000 € de salario facenda recaudaría 586 €.
12. Si EU gobernara España sairiamos de Europa? e como conseguiriamos os cartosnecesarios p xa que sen emitir debeda e sen os mercados non podemos sair adiante
» Non é necesario, co plan que acabaei de explicar na anterior pregunta demostrase que podemos crear emprego e sair da crise pola esquerda sen endebedarnos. Os mercados ao servizo da cidadanía e non a cidadanía ao servizo dos mercados como plantexan PP e PSOE
13. a quién prefiere de presidente del gobierno (siendo realistas)?
» A Cayo Lara, pois tanto o PP como o PSOE coinciden en materia económica. Os dous abrazan as posturas neoliberais que nos levaron a esta crise e sigana calquera dos dous seguiran aplicando recortes socias as familias traballadoras.
14. Vergonzoso que en el debate televisado de los dos ´supercandidatos´ casi ni mencionaran la lucha contra la violencia de género cuando cada día vemos en las noticias la tragedia que supone este drama. qué propone IU para acabar con esta lacra? suerte
» Claro que é vergoñento, semella que en época de crise para eles "non toca" falar da muller e da violencia de xénero. Esquerda Unida - Os Verdes, con independencia de propor unha revolución verde e bermella, tamén propón una revolución malva, a revolución da igualdade a todos os niveis.
15. ¿Poderia citarnos as propostas concretas para a cidade e a comarca polas que pelexara a sua formación de obter representación?
» Cambio de modelo económico, para reactivar a economía local e reducir drásticamente os 21.000 persoas desempregadas na cidade.
A crise que estamos a vivir e global do sistema capitalista e, xa que logo, é multifacética: económica, finacieira, medioambiental, enerxética, polítcia, social e ideolóxica e iso engloba os problemas locais. Aspiramos a construción dunha nova sociedade chea de democracia partipativa e exenta de explotación pero non renunciamos a xestión do inmediato.
16. ¿Qué propuesta tiene IU respecto a que la Iglesia Católica no tenga que pagar el impuesto de bienes inmuebles y se ahorre cientos de millones de euros al año?
» Como xa comentamos unha das medidas fiscais que propomos para financiar o plan de emprego para crear 3 millóns de postos de traballo, consiste na supresión do IBI dos bens inmobles da Igrexa. A Constitución di que vivimos nun estado aconfesional, non ten sentido beneficiar fiscalmente a ningún tipo de confesión relixiosa.
17. moitos pensamos que os partidos subxugados ás centrais de madrid non van representar realmente os intereses e inquedanzas dos que vivimos (e cotizamos, e pagamos impostos...) máis lonxe da capital de España. Pódemos asegurar que EU-Os Verdes vai defender as necesidades dos coruñeses?
» Por suposto, que non te quepa a máis mínima dúbida, somos galegos e coruñese e defendemos os intereses de toda a cidadanía. É máis os estatudos de Esquerda Unida establecen que Galiza é unha nación integrada nun estado federal. Imos a loitar en Madrid para que Galiza e Coruña teña unha voz de esquerdas propia e independente que defenda os seus intereses en todas aquelas aquelas cuestións que non estean transferidas a Xunta.
18. ¿como convencerán a los electores de que votar a eu-os verdes es un voto útil? ¿realmente les dan las cuentas para sacar algo en a coruña? ánimo y gracias
» O voto útil non existe, o que existe é o voto inútil si se vota a PP o PSOE que aplican políticas en contra das familias traballadoras. Que a coalición Esquerda Unida - Os Verdes obtenga un acta de diputado por A Coruña significa que os coruñeses e coruñesas teñan unha voz en Madrid que defenda os intereses dende unha prespectiva da verdadeira esquerda plural, unha voz moi distinta ao panorama político actual como o estamos a demostrar no Concello da Coruña.
19. Cree que IU será capaz de atraer a los votantes del PSOE descontentos?
» O que quero conseguir é que todos os coruñeses e coruñesas voten por a verdadeira alternativa que nos permita sair da crise en que nos atopámos e se avance cara unha democracia plural, particaptiva e igualitaria para conseguir unha sociedade mellor.
Si os votantes do PSOE coinciden conmigo nesta idea, moito mellor. Trátase de sumar esforzos.
20. Hola buenos días, que hacéis con IU ??? no sería más interesante e incluso correcto que no os posicionarais hacia ningún lado, de hecho me cuento entre los que dejaron de votaros por colocaros hacia un lado sea el que sea.De todas formas muchas gracias por vuestra labor.
» Nos sempre nos posicionamos do lado da cidadanía, das familias traballadoras, da xustiza social e da igualdade
21. Qué opina del 15M? No le parece que son un poco ´los del NO´ pero que tampoco ofrecen nada concreto? Y cree que su partido tiene muchos votantes entre los miembros de este colectivo?
» Esquerda Unida aposta polos movementos sociais. O 15M conseguiu despertar as consciencias é que persoas con distintas sensibilidades estean indignadas das políticas aplicadas e dos políticos que tenemos. Moitas das súas propostas son reivindicacións históricas de Esquerda Unida.
22. ¿Qué opina de que en España a diferencia de renda entre o 20% da poboación máis rica e o 20% da poboación mais pobre sexa de sete veces mentres nos países como Suecia sexa de menos de 4?
» Precisamente coas nosas políticas económicas e sociais aspiramoas a igualar e incluso superar a redución desas desigualdades, como podes observa nunha resposta anterior sobre fiscalidade progresiva e creación de emprego.
23. qué opina de que una niña de 16 años pueda abortar sin que sus padres se enteren? no cree que esta ley está muy mal?
» Defendemos unha Lei civíl da regulación do aborto. Determinadas cuestións puntuais serían discutíbeis segundo a sensibilidade de cada quen. Defendemos tamén a despenalización do aborto.
Grazas a todos e a todas por interesarvos polas nosas propostas. Podedes estar seguros que co voso apoio, A Coruña terá a voz da verdadeira esquerda no Congreso do Deputados, que defenda a xustiza social, a igualdade, a solidariedade e a defensa do medio ambiente como oportunidade de xeración de emprego. Unha aperta para todos e todas. Pidovos o voso voto para Esquerda Unida - Os Verdes, a abstención beneficia ao bipartidismo que niguén quere.