Fernando del Río, candidato de Converxencia XXI al Congreso de los Diputados
1. Estimado Fernando, Como recoñecido economista que é vostede, e sendo a cabeza visible dun partido liberal, que opinión lle merece a situación da administración pública en España. Que modelos de administración sostible inspiran o seu ideario? Grazas e sorte
» É imprescindible un exercicio urxente de frugalidade e racionalidade pública, reducindo o despilfarro e os comportamentos oportunistas e mesmo corruptos co fin de incrementar a eficiencia do sector público e que este logre dar cumprida resposta ás necesidades dos cidadáns. O noso programa incorpora toda un serie de políticas orientadas a atinxir estes obxectivos. No caso particular das adminsitracións públicas apostamos pola supresión das deputacións provinciais e das delegacións do goberno central e autonómicas. Ademais é absolutamente necesario reducir drasticamente o número de concellos para que estes alcancen un tamaño que os faga viábeis e así podan dar resposta ás necesidades propias do século XXI, ultrapasando un obsoleto deseño decimonónico. Tamén hai que eliminar duplicidades nas administracións públicas, en España nos últimos 30 anos deseñouse un estado autonómcio que descentralizou a administración do estado, porén este proceso non foi suficientemente acompañado da redución da administración central do estado o que supón un claro despilfarrro dos recursos públicos. Por exemplo, non te hoxe sentido un minsiterio de cultura cando as súas competencias son mínimas. E isto é só a punto do iceberg. Outra dimensión a resolver na organización administrativa do estado é a cuestión da responsabilidade fiscal das autonomías e os concellos. Temos que ir alén da desentralizción do gasto e profundizar tamén na descentralización dos ingresos para que os políticos locais e autonómicos sexan responsábeis das súas decisións de gasto e non simples "pedigüeños" da adminstración central cun comportamento irresponsábel consistente en que canto mais se gaste mellor.
2. O BNG é un partido demasiado extremista. Pode Converxencia XXI ser unha forza centrada que defendan os intereses de Galicia e dos galegos?? Non como fan PP e PSOE que só miran de quedar ben con Madrid... Moita sorte.
» Desde logo. Ese é o noso obxectivo primordial: a defensa dos intereses de todos os galegos e galegas, construíndo un marco de convivencia no que todos podamos desenvolver o noso potencial e no que non se xeren excluídos, así poderemos alcanzar a prosperidade individual e colectiva. Un marco no que as políticas públicas favorezan o emprendimento, a innovación, o esforzo, a creación de emprego, o crecemento,... Os outros partidos teñen mostrado por activa e por pasiva que se moven con ideas vellas carentes de transformar positivamente a nosa realidade. As nosas son as novas ideas.
3. Na Coruña estamos moi preocupados polo futuro de Alvedro, que estratexia ten CXXI para potencialo? Lavacolla sempre resulta fortemente subvencionada e impide a libre concorrencia no mercado aeroportuario. Moitas gracias, un saudo.
» Unha das necesidades centrais da política española é a eiminación das subvencións aos axentes económicos que pervirten a libre concorrencia, xeran servilismo e corrupción e enxendran privilexiados e agravios comparativos. Cremos que os proxectos futuros para os aeroportos galegos deben ir orientados conforme a dous principios: competencia e complementariedade. Deben competir por atraer usuarios e fornecerlles do mellor servizo e deben buscar especializarse nos servizos nos que posúan avantaxe comparativa para que sí se xeren complementariedades e externalidades entre eles. Por suposto, as políticas públicas de infraestruturas deben fixarse unhas prioaridades en función da rendibilidade social dos investimentos. No caso aeroportuario é preciso un nítida definición destas prioridades. Ata agora a actuación das diferentes adminsitracións foi errática e carente dunha planificación que superase os intereses personalistas, cortoprazista e localistas. É necesaria unha política de infraestruturas en chave galega.
4. Que opinión tedes sobre as escandalosas subvencións que o Concello despilfarra nas touradas?
» Como xa dixen, o tema das subvencións é unha das maiores perversións das sociedades libres, das que xeralmente se benefician os lobbies con mais influenza ante o poder político. Mais no caso concreto que formulas: estamos completamente en contra das subvencións ás touradas. Non podo ser mais claro e rotundo.
5. de donde sale este partido,cuando nace y donde como os votaran si casi no se conoce nada y nose habla del nunca?
» Somos un partido novo con apenas dous anos de vida, mais aspiramos a convertirnos na casa grande do galeguismo centrado, moderno e renovador. Temos un proxecto político no que teñen cabida todos os bos e xenerosos que estean dispostos a traballar sinceramente a prol dos intereses da Nosa Terra. Cremos nunha sociedade galega plural, diversa e aberta e as nosas propostas son absolutamente respetuosas con esta pluralidade. Podes encontrar o noso programa e mais información na nosa páxina web www.converxencia.eu. Espero que sexa do teu agrado e se o consideras oportuno confies en nós nestas eleccións e mesmo penses en afiliarte :-). Por outro lado, é difícil para unha forza nova e humilde como a nosa darse a coñecer porque a influenza mediática dos grandes partidos é enorme. Mais non nos moves intereses espúreos e cortoprazistas, o noso é un proxecto de futuro e medraremos sen presa, mais sen pausa. Confiamos en que cando os galegos coñezan a nosa mensaxe, a nosa alternativa e o noso espírito confiarán en nós e entón poderemos converternos na forza central en Galicia. Estas eleccións xerais son só un chanzo mais nun proxecto con amplitude de miras. Por iso, se nos votades darédenos renovados folgos para continuar co noso esforzo. O esforzo que conducirá á consolidación da forza que Galicia necesita para avanzar na historia.
6. A opinión sobre a chegada do AVE? Cre que realmente o AVE vai salvar a Galicia de algo? Que opinión manteñen respecto a algunha proposta do 15-M? Moitas gracias.
» Cremos que é necesario unha substitución do actual modelo ferroviario por un que prime os camiños de ferro de corta e media distancia -o eixo atlático no caso galego- como factor vertebrador do territorio e por un que dea maior importancia ao transporte de mercadorías. O tema da alta velocidade é complexa e na que habitualmente hai moita demagoxia. A alta velocidade para ser rendíbel precisa dun elevadísimo número de pasaxeiros anuais. En grande medida, a masiva construcción da rede de alta velocidade é unha política faraónica e prototípica das políticas públicas realizadas sen ter en conta os intereses colectivos e pensadas só para a propaganda e para satisfacer certos poderes localistas. Tal como a política aeroportuaria, un despilfarro irresponsábel de millóns e millóns de euros que levou a que hoxe haxa aeroportos en España que non teñen vóos!! Compartimos co 15 M crenza de que é imprescindíbel unha profunda rexeneración democrática no noso país para que os políticos sexan verdadeiramente responsábeis ante os seus electores e no ante unha oligarquía partidista. Só así os responsábeis públicos terán incentivos a adoptar as políticas públicas que beneficien á comunidade, políticas deseñadas con criterios de eficiencia e de equidade. No noso programa hai unha batería de medidas que teñen por obxectivo este fin, bótelle unha ollada na nosa web www.converxencia.eu, creo que lle poden resultar interesantes. Moitas grazas a vostede por interesarse polas nosas propostas.
7. Tengo entendido que usted estuvo entre los 100 economistas que firmaron a través de FEDEA un documento de propuesta de reforma de las pensiones auspiciado por las grandes compañías energéticas y bancos españoles, en el que defendían la jubilación a los 67, el cálculo de la base reguladora a toda la vida laboral y la cotización de 40 años para percibir la pensión completa. Dos preguntas: ¿que le diría a un joven parado de ahora cuando llegue a los 67 y no pueda percibir la pensión completa por esas condiciones? ¿Qué nuevas recetas neoliberales lleva en su programa?
» Entendeu mal. Eu asinei un manifesto de 100 economistas na defensa dun sistema de pensións sustentábel e equitativo. As súa presentación é totalmente tendenciosa. Debería vostede analizar obxectivamente o actual estado do sistema de pensións e repasar as proxeccións de reputados economistas sobre os serios nubarróns que se cernen sobre o mesmo. A proposta que eu asinei era unha equilibrada e moderada destinada a garantir a supervivencia do noso estado do benestar. Non podería se doutro xeito, xa que Converxencia XXI é unha forza con un intenso sentido da equidade e a xustiza o que a compromete intimamente cos obxectivos do estado do benestar. Mais non desde unha perspectiva dogmática e conservadora, mesmo reaccionaria. O noso ánimo aberto e renovador permítenos ver que, como en todo na vida, se pode mellorar na organización do noso sistema de seguros sociais para facelos mais eficiente, equitativo e adaptado ás necesidades dos cidadáns. A respecto da súa segunda pregunta. Non hai novas recetas "neoliberais" no noso programa simplemente porque non hai ningunha receta "neoliberal". Outro día talvez sexa tan amábel de explicarme que iso do "neoliberalismo" alén dunha mera manipulación discursiva por parte de certos intereses para desacreditar a aqueles con propostas transformadoras e renovadoras. Mais, sexa o que sexa que vostede entende por "neoliberalismo", asegúrolle que o proxecto político de Converxencia XXI non ten absolutamente nada que ver co "neoliberalismo" por moito que algúns se esforzen en repetir o mantra ata a saciedade con exclusico fin de desacreditarnos. Que conste que o acepto deportivamente, forma parte do xogo político.
8. Por qué só pensan en arrebatar votos ao BNG e non ao PPSoE??
» Nós non pretendemos arrebatarlle os votos a ninguén polo simple feito de que os votos só lle pertencen ao cidadán, non son propiedade de ningunha forza. Nós só pretendemos que os cidadáns coñezan as nosas propostas e se lle convencen que confíen en nós. Só iso, algo tan sencillo como iso.
9. Que se faría coa cantidade de traballadores das DEputacións que quedaría fóra tras unha pposible desaparición?Estou moi a favor de que se eliminen, pero sempre cun plan de viabilidade posterior
» Deberíamos facer a transición da forma menos traumática posíbel para os traballadores que ao fin e ao cabo son os que menos culpa teñen de todo isto. Hai formas, baixas incentivadas para uns, xubilacións anticipadas para outros e os restantes deberían se incorporados, contando ca súas preferencias, a outras adminsitracións do estado. Certamente, ten vostede moita razón, as cousas hai que facelas con sentidiño e planificación.
10. señor del Rio, porque cre que no debate Rubalcaba-Rajoy non tocaron un tema que afecta profundamente á política española e galega como é o da corrupción?
» Se eu fose un cínico diría que porque teñenn o raposo no seu galiñeiro. Non sei, eles saberán. No noso programa levamos algunhas medidas anticorrupción, entre elas aumentar as penas para os representantes públicos que incurran en delitos no exercicio das súas funcións ou a prohibición d que os altos cargos -incluíndo familiares en primeiro grao- podan participar en concursos públicos ou recibir remuneracións adicionais ao seu soldo e tamén a prohibición de que empresas da súa propiedade podan recibir subvencións públicas. Tamén propomos limitar a inmunidade parlamentar de deputados e senadores para qu podan se rmais facilmente procesados se hai indicios de delito. Propomos a elaboración dunha lei anticorrupción que inhabilite de por vida ao político corrupto e castigue severamente aos empresarios que ofrezan sobornos. Ademais, teña en conta que propomos unha redución drástica das subvencións que son un dos principais focos de corrupción. Lembre a operación "Campeón" con un deputado do PP implicado, un ex-conselleiro do BNG implicado e todo un ministro do PSOE implicado. Tamén para evitar a corrupción propomos unha significatia simplificación tributaria pois a complexidade do noso sistema de tributos é frecuentemente utilizada para "escaquear" impostos. Por último, deixeme deicrlle que como principio xeral, cando o estado se fai omnipresente nas nosas vidas entón prolifera a conrrupción, os privilexios inxustificados e as inxustizas, só un poder limitado e descentralizado suxecto ao controlo competitivo da vontade cidadán e dun sistema de controis e equilibrios pode ter certas garantías de limpeza e honestidade.
11. QUé é do candidato á alcaldía de vigo??pasaron os comicios e non se soupo nada mais del....
» Ramón Maneiro é un destacado afiliado do noso partido ao cal hai que profunda e sinceramente agradecerlle que como bo e xeneroso comandase a nosa candidatura ao concello de Vigo de xeito completamente altruísta ofrecendo o seu esforzo para a construcción e consolidación do noso proxecto galeguista e das novas ideas que nos permitirán construír o futuro. Sen dúbida Ramón Maneiro, como moitos outras persoas da nosa formación, está chamado a desenvolver no futuro próximo un importantísimo papel no noso proxecto galeguista, centrado e renovador.
12. VAnse crear as xuventudes de CXXI coma o resto de partidos serios de España?
» Esta é unha pregunta interna que non sei se é agora moi relevante. Mais vou tentar respondela. As organización necesitan madurar. As cousas teñen o seu tempo. Vanse crear as xuventudes de CXXI? Persoalmente non teño a menor dúbida. Agora a última palabra corresponde á executiva do partido, ela dirá cando e como.
13. Como ordense,cales cren que son os maiores problemas do concello e o futuro que lle agarda??
» O principal problema do concello de Ordes son os seus problemas financeiros. Durante a época de vacas gordas seguiuse unha política populista de despilfarro co fin de conseguir renovar a elección. Agora pagamos o pato. Desafortunadamente non auguro moi bos tempos para o meu pobo. Mentres continuemos cunha clase política caduda non se solucionará nada, só parches e ir tirando. Nas próximas municipais probabelmente Converxencia XXI estea en condicións de presentar a súa candidatura no noso concello, entón presentaremos un auténtico programa transformador da realidade ordense. Transformación que tanto necesitamos!
14. Agora que está tan de moda o tema da sanidade pública, que opinión lle merece esta defensa dun sistema tan ineficaz como o actual?
» Nós cremos que é preciso reformar o sistema de saúde. Desafortunadamente os informes internacionais son bastante críticos coa actuación do noso sistema sanitario. Hai que aumentar a eficiencia do gasto e por suposto eliminar o despilfarro farmaceutico. E fundamentalemte temos que darlle soberanía ao consumidor, ao paciente. Para iso é necesario introducir a competencia efectiva no fornecemento de servizos sanitarios, para o cal é preciso introducir no sistema novedosos mecanismos de cooperación público-privada. Para ter un consumidor soberano necesitamos que sexa un consumidor informado. Para conseguir este fin é preciso que estes teñan cumprida información dos servizos existentes e da súa calidade e de como cada hospital actíua en cada unha destas coordenadas. E por último, mais non menos, necesitamos que o paciente poda escoller o proveedor sanitario, que poda escoller hospital, médico, especialista,...para iso apostamos pola introdución dun cheque sanitario que permita escoller ao paciente. A nosa proposta de reforma do sistema de saúde está fortemente inspirada na reforma sueca de comezos dos anos noventa e que tan bos resultados lles deu.
15. non coñecia o seu partido e, polo que estou lendo neste chat, defenden cuestións coas que coincido. como é que nunca oira falar de vos? tedes que facer por que a vosa mensaxe chegue máis ós electores. sorte o 20n
» Moitas grazas polo teu desexo. A nosa sorte inmediata depende dos vosos votos. Esperamos que a xente vote por convicción, que non traicione as súas íntomas conviccións deixándose embaucar por esa inmensa patraña que é o voto útil. E desexamos ter presentado un programa electoral convincente que agrade aos electores pola súa valentía e honestidade. Se logramos que uns poucos cidadáns mais nos coñezan e confíen en nós o noso obxectivo principal nestas eleccións estará cumprido e estaremos felices. Un chanzo mais camiño, sen presa, mais sen pausa. Ten moita información sobre nós na nosa páxina web www.converxencia.eu. E permítame que aproveite para facer unha chamada á afiliación, necesitamos de todos, do esforzo e a boa vontade de todos, así poderemos ser grandes e teremos a capacidade para ter unha influenza decisiva na política galega e española.
16. Esperades superar os 2000 votos??Ides realizar algún mitin??
» Claro!!! Tal vez sexa demasiado optimista, mais creo que cando os electores coñecen as nosas propostas, éstas interésanlle. Necesitamos traballar, darnos a coñecer, gañar a confianza dos cidadáns, falar cos electores,... e niso estamos e podo prometerche que continuaremos. Si, realizaremos mítins na Coruña e Santiago polo menos. Mais aínda non podo confirmarche as datas. Estáte atento :-)
17. Me gustaria felicitarlos por su política de endeudamiento 0, para poder hablar claro en relación a todo lo que afecta a las entidades financieras, como decidieron esto?
» Estamos en contra das subvencións públicas aos partidos políticos. Cremos que estes deben financiarse cos seus propios recursos provenientes das cuotas dos seus afiliados e de doazóns de particulares convenientemente contabilizadas e identificadas. Deberían estar prohibidas as doazóns anónimas, de empresas e de organismos públicos aos partidos políticos. Nós temos o compromiso de no recurrir á débeda para financiarnos para evitar a tentación de caer en máns de intereses espúreos. E avogamos pola prohibición total e absoluta da condonación de débedas ao partidos políticos. Confiamos en que o noso modo de actuar nos permita en todo momento manter a nosa independencia e así poder falar se cortapisas, alto e claro.
Moitas grazas a todos polas vosas cuestións. Todas foron moi interesantes e de todas aprendín algo. Axudáronme a clarificar e estructurar o meu discurso. Espero que as propostas de Converxencia XXI fosen do voso agrado e que o domingo 20 confiedes en nós. Moitas grazas a todos!!! E vou comer, que xa é horas.